Antonio Pérez Dávila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Ligazón
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Divisións do texto
Liña 7:
Participou como socio accionista na fundación do [[Banco de La Coruña]], en [[1858]]<ref>''[[El Fomento de Galicia (1858)]]'', 17-3-1858, p. 4.</ref>. Tamén formou parte da organización dos [[Xogos Florais da Coruña]] de [[1861]] como adxunto<ref>''Álbum de la Caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861...'', 1862, p. XXI.</ref>.
 
=== No concello compostelán ===
Tras dar comezo a [[Terceira Guerra Carlista]] ([[21 de abril]] de [[1872]]), o Goberno de [[Práxedes Mateo Sagasta]] autorizou disolver as corporacións municipais en virtude dun Real Decreto de [[26 de abril]] de 1872. O día [[29 de abril]] o Secretario do [[Gobernador civil|Goberno Civil]] da Coruña, [[Abelardo Merello]], disolveu o Concello (ao que pertencía Pérez-Dávila) e nomeou un novo provisorio. As protestas non se fixeron esperar e o mesmo Merello presentou a súa dimisión a mediados de xuño, comezando unha impase de espera<ref>''[[La Gacetilla de Santiago]]'', 2-7-1872, p. 2. Di que “''parece que por ahora y hasta que sea conocida la resolución que acerca de los Ayuntamientos ilegalmente destituidos por el Ministerio Sagasta debe dictar en breve el Gobierno, continuarán al frente de la Administración municipal de esta ciudad los Señores nombrados por dicho Ministro, habiéndose suspendido en virtud de una orden telegráfica del Gobernador de esta Provincia el hacerse cargo de ella los que fueron elegidos por sufragio, á quienes se disponían á entregarla por consecuencia de una intimación presentada á los actuales''”.</ref>. A queixa máis importante viña do feito de que o Concello estaba paralizado debido a que as comisións de traballo tiñan a persoas especializadas que non estaba no novo consistorio<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 11-7-1872, p. 2. “''El Sr. Portela dijo que, disuelto que fue el Ayuntamiento, personas que formaban parte de ciertas comisiones, en el que reemplazó al actual en 29 de abril, introdujeron una perturbación en el personal de la Administración''”.</ref>. Finalmente, grazas a un novo Real Decreto de [[3 de xullo]] de 1872, foron repostos o día [[9 de xullo|9]] os alcaldes e concelleiros elixidos por sufraxio, cesando o que Merello instalou. A primeira sesión produciuse o día [[10 de xullo|10]] e nela comprobouse que o antigo alcalde ía dar paso a que Pérez-Dávila, como Tenente de Alcalde 1º, asumira a presidencia da alcaldía de modo interino. Nos seguintes meses, o desleixo dos labores municipais serían a tónica dominante, pasando a presidir as sesións nun principio os seguintes tenentes da alcaldía en grao (Manuel Vázquez Acebo, Antonio García Candal, Manuel Varela Vilarullo...), pero pouco a pouco estas sesións non se puideron constituír por non chegar ao quórum requirido<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 4-9-1872, p. 1. “''Hace más de dos meses que no se celebra una sesión ordinaria por falta de asistencia de los concejales. El Alcalde presidente y el primer teniente alcalde se encuentran ausentes; el 2º, encargado actualmente de la presidencia, se va a marchar, y ha hecho entrega el tercero; el 4º está con licencia, el 5º ha hecho renuncia; cinco concejales no tomaron posesión; algunos que la tomaron no asisten, otros se retraen, ¿qué es eso Señores elegidos? Es así como se corresponde a la confianza que se os dispensó? Creeis que se puede llevar el título de concejales sin trabajar? […] [asinado] M[anuel] B[ibiano] F[ernández]''”.</ref>. A situación sería escandalosa, con continuas dimisións de concelleiros, ata o chegar a pasar máis de tres meses sen reunirse<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 10-10-1872, p. 2. Manuel Bibiano Fernández, daquela concelleiro, laiábase de “''[…] la conducta que siguen algunos Concejales del de Santiago, que hace más de tres meses que por falta de asistencia, no se celebran sesiones ordinarias […]''”.</ref>. O mesmo Gobernador civil da Coruña trasladouse a finais de outubro á cidade para entender da situación e, por fin, o [[1 de novembro]] oito concelleiros presentaron a súa dimisión<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 31-10-1872, p. 2.</ref>, que serían admitidas 3 días despois<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 6-11-1872, p. 2.</ref>, nomeando a Comisión Provincial aos seus substitutos. Así e todo, Pérez-Dávila convocou o [[13 de decembro]] eleccións municipais para cubrir as que nese momento chegaban a ser 11 baixas de concelleiros. Se celebraron dos días [[2 de xaneiro|2]] ao [[5 de xaneiro]] e gañou a lista que presentaba o conservador Luciano Puga Blanco, que fora alcalde uns anos antes. Houbo dúbidas sobre a lexitimidade dos concelleiros electos e, aínda que tiñan que ter tomado posesión dos cargos ao inicio do mes de febreiro, isto non se produciu. Entrementres, en Madrid a situación do rei [[Amadeo I de España|Amadeo]] era insostible e, finalmente, resignou a Xefatura do Estado o día [[11 de febreiro]]. Ao día seguinte, unha comisión republicana encabezada polo catedrático [[Esteban Quet Puigvert]] reclamoulle a dimisión, e Pérez-Dávila resignou así mesmo a alcaldía na [[Xunta de Goberno Republicana de Santiago]], que se ocupou da transición á República.
 
Liña 13 ⟶ 14:
O [[31 de marzo]] de [[1877]], no [[Liceo de la Juventud|Liceo de Santo Agostiño]], foi elixido membro da primeira xunta directiva da acabada de crear [[Liga de Contribuíntes de Santiago]], baixo a presidencia do [[Manuel Calderón-de la Barca Herce|Marqués de Algara de Gres]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 6-4-1877.</ref>, e que aglutinaba boa parte da burguesía compostelá máis podente. Nestes anos finais da década dos 70, participaba da vida social compostelá, acudindo ao Casino de Santiago a miúdo, onde adoitaba a cantar para os socios cunha voz de barítono, e vivía das rendas das súas propiedades.
 
=== Chegada e implicación na política coruñesa ===
Trasladouse á Coruña en torno a [[1880]]<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', 15-12-1881, p. 3.</ref>. Cabe salientar que, nunha propiedade que arrendou a Luciano Puga Blanco<ref>''Gaceta de Galicia'', 22-5-1885, p. 1.</ref>, na chamada Orta do Xeneral ou Orta Grande, situada no actual barrio coruñés de Monelos, ao carón da estrada a Santiago e da estación de ferrocarril, deu pulo Pérez Dávila en torno a [[1883]] a un xeito de granxa experimental<ref>''[[Escenas Contemporáneas]]'', 15-6-1884, pp. 425-428.</ref>, que foi o xermolo da "[[Granxa Agrícola Experimental de Monelos]]" (que desenvolveu a súa actividade entre [[1888]] e [[1964]])<ref>[http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964)"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160304221903/http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf |date=04 de marzo de 2016 }}, folleto editado polo Concello da Coruña e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, correspondente á exposición homónima comisariada por Lorenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez.</ref>. Estes traballos agrícolas valéronlle a concesión en [[1884]] da consideración de "socio de mérito" pola [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]<ref>''[[Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago]]'', nº 31, 31-8-1884, p. 6.</ref>. Tamén aproveitounos para abrir unha sucursal do ilerdense "Gran Establecimiento de Arboricultura y Floricultura", no número 24 do [[Cantón Grande]] da Coruña, no que comerciaba coas especies vexetais que cultivaba<ref>''Gaceta de Galicia'', 12-1-1885, p. 4, nun anuncio.</ref>, e pouco despois outra sucursal no número 81 da Rúa do Vilar en Santiago de Compostela<ref>''Gaceta de Galicia'', 19-12-1885, p. 3, nun anuncio.</ref>.