Hipólita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Hipólita''' foi unha das raíñas das [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]], un pobo guerreiro formado unicamente por mulleres, Era filla de [[Ares (deus)|Ares]], deus da guerra, e da raíña [[Otrere]], e irmá de [[Melanipa]], [[Antíope]] e [[Pentesilea]].
 
 
[[Heracles]], para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>, tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. O noveno destes traballos foi traer para [[Admete]], filla de Euristeo, o cinto máxico que usaba a raíña das Amazonas, regalo do seu pai Ares como símbolo do poder que tiña sobre o pobo das Amazonas.
 
Para realizar este traballo, Heracles organizou unha expedición con varios voluntarios, que embarcaron nunha soa nave. Tras diversas aventuras aportaron en Temiscira, no país das Amazonas, onde Hipólita saíu ó seu encontro. Heracles explicoulle o motivo da súa viaxe e Hipólita accedeu de grado a entregarlle o cinto. Pero, [[Hera]], nun novo intento de facer fracasar a Heracles nos seus traballos, disfrazouse como unha das amazonas e propagou o conto de que a raíña fora secuestrada polos forasteiros. Como era de esperar, as Amazonas atacaron o barco para rescatar á súa raíña, ataque que Heracles interpretou como unha traizón de Hipólita <ref>A morte de Hipólita a mans de Heracles é a tradición máis aceptada.</ref> e a matou, repelendo logo con éxito o ataque.
 
{{cita|"''Pero Hera, adoptando a figura dunha das amazonas, iba e viña entre o xentío dincindo que os estranxeiros raptaran á raíña}}
 
Outra versión do mito di que a loita entre Heracles e as Amazonas comezou xa co desembarco. Os homes de Heracles capturaron como prisioneira a Melanipa, a irmá de Hipólita, e esta accedeu a un intercambio, da irmá polo cinto. Tamén se engade que, ademais de Melanipa, tamén foi capturada outra irmá, [[Antíope]], que Heracles cedeuentrega en matrimonio a [[Teseo]], un dos seus compañeiros de expedición.
 
== Hipólita na guerra contra Atenas ==
Existe unha tradición na que Hipólita non morre neste episodio senón que, posteriormente, dirixe un ataque contra [[Atenas]] para recuperar a Antíope. Os atenienses, ás ordes de Teseo, fan fracasar o ataque, e Hipólita fuxe a [[Mégara (cidade)|Mégara]], onde morrerá de pena.
 
Unha variante conta que Teseo abandona a Antíope tras ter un fillo con ela, [[Hipólito]]<ref>Tamén se di que este é fillo de Teseo con outra das Amazonas, Melanipa, ou mesmo con Hipólita.</ref>, para casar con [[Fedra]] <ref>Resulta común crer que Teseo casa con Fedra tras abandonar a [[Ariadna]], irmá desta.</ref>. Antíope quere vingarse e leva ás Amazonas á voda para intentar matar a Teseo, Fedra e tódolos invitados, pero émorre a asasinadamans polosdos homes de Teseo.
 
== Notas ==