Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m corrixo erro
Liña 13:
A primeira obra que Proudhon escribiu foi un ensaio sobre as categorías gramaticais ([[1835]]), co cal optou ao premio nun concurso promovido pola Academia de [[Besançon]]. En [[1839]] publicou un traballo de carácter histórico-sociolóxico, sobre a celebración do domingo, que, igual que o primeiro, non chamou moito a atención. Pero a súa terceira obra, ''[[Qu'est-ce que la propriété?]]'' ([[1840]]) fíxoo repentinamente famoso en [[París]], en Francia e no mundo. Ao ano seguinte, en [[1841]], e logo en [[1842]], completou as teorías alí expostas cunha Segunda e Terceira memoria.
 
EnProudhon coñeceu a Marx en [[1843París]]; escribiuao dúasano obrasseguinte importantes:([[1845]]) "Decoñecerá a [[Mikhail Bakunin]]. E aínda que é verdade que Proudhon recibiu a influencia do novo filósofo alemán, non é menos certo que, á súa vez, influíu grandemente sobre el. Baste recordar que Proudhon foi o primeiro que falou do socialismo como ciencia, na súa obra ''Qu'est-ce que la Créationpropriété?'' deMarx l’Ordreadmiraba danseste libro e fixo del un grande eloxio en l’Humanité"Die heilige Familie" ao afirmar que reviste unha importancia polo menos igual ao folleto do abade [[Emmanuel Joseph Sièyes]], ''Qu'est-ce que le tiers état?'' Di textualmente [[Karl Marx|Marx]]: "''Proudhon non escribe soamente en nome dos proletarios; el mesmo é un proletario. A súa obra é o manifesto científico do proletario francés e presenta unha importancia histórica distinta da elucubración literaria dun crítico calquera''". En 1846 escribiu ''[[Système des contradictions économiques ou Philosophie de la misère]]''. Esta última deu lugar a unha réplica de [[Karl Marx|Marx]], quen dialecticamente escribiu un ano despois ''[[Misère de la philosophie]]''.
 
Proudhon coñeceu a Marx en [[París]]; ao ano seguinte ([[1845]]) coñecerá a [[Mikhail Bakunin]]. E aínda que é verdade que Proudhon recibiu a influencia do novo filósofo alemán, non é menos certo que, á súa vez, influíu grandemente sobre el. Baste recordar que Proudhon foi o primeiro que falou do socialismo como ciencia, na súa obra ''Qu'est-ce que la propriété?'' Marx admiraba este libro e fixo del un grande eloxio en "Die heilige Familie" ao afirmar que reviste unha importancia polo menos igual ao folleto do abade [[Emmanuel Joseph Sièyes]], ''Qu'est-ce que le tiers état?'' Di textualmente [[Karl Marx|Marx]]: "''Proudhon non escribe soamente en nome dos proletarios; el mesmo é un proletario. A súa obra é o manifesto científico do proletario francés e presenta unha importancia histórica distinta da elucubración literaria dun crítico calquera''".
 
En [[1848]] Proudhon é elixido deputado á [[Asemblea Nacional de Francia|Asemblea Nacional]], ao proclamarse a [[Segunda República Francesa|Segunda República]]. No seo dese corpo lexislativo combate a proposta do reformista [[Louis Blanc]], "''cuxos talleres nacionais adormentan aos proletarios sen concederlles nada do esencial''". Nese medio republicano-burgués aparece como un estraño disidente. El mesmo escribe nos seus Cadernos: "''Estes deputados asómbranse de que eu non teña cornos e garras''". Con todo, as súas ideas, a través do xornal que publica, ''Le representant du peuple'', chegan a ter entón grande influencia nos estratos populares de París. Cando o xeneral [[Louis Eugène Cavaignac]] reprime violentamente a revolta Popular do [[23 de xuño]], seiscentos noventa e un dos seiscentos noventa e tres deputados da Asemblea aproban a súa conduta: Proudhon é un dos dous que a condena.