Semana Santa de Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
arranxo ligazóns mortas
Liña 17:
A '''Semana Santa de Viveiro''' é unha celebración [[Igrexa católica|católica]] que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de [[Viveiro]].<ref>[http://www.semanasantaviveiro.com Páxina web da Semana Santa de Viveiro.]</ref> É unha das celebracións relixiosas máis antigas de [[Galicia]], que se vén realizando de modo ininterrompido dende o [[século XIII]].<ref name="donapetry373">{{harvnb|Donapetry Yribarnegaray|1953|p=373}}</ref><ref>{{cita web|título=Viveiro, una Semana Santa a la gallega a punto de cumplir 800 años|url= http://www.periodistadigital.com/ocio-y-cultura/viajes/2012/04/03/viveiro-gallega-semana-santa-tradicion-anos-villa-marinera-fiesta-internacional-cofradias.shtml |editorial=Periodista Digital|dataacceso=22 de decembro do 2016 |lingua=es}}</ref> Nesta conmemórase a [[Viacrucis|paixón]], [[Crucifixión de Xesús|morte]] e [[Resurrección de Xesús|resurrección]] de [[Xesús de Nazaret]] a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as [[confraría relixiosa|confrarías]]. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.<ref name="VVAA271">{{harvnb|VV.AA.|2008|p=271}}</ref>
 
A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións.<ref>{{cita web|título=Concello de Viveiro - Fiestas|url=httphttps://www.viveiroviveiroturismo.es/castcom/eventos-y-fiestas.asp|dataacceso=2524 de xaneiro de 20112021|idioma=español|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110903012711/http://www.viveiro.es/cast/fiestas.asp|dataarquivo=03 de setembro de 2011|urlmorta=yes}}</ref> Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de [[Festas de interese turístico internacional de España|Interese Turístico Internacional]], recoñecemento que logrou no ano [[2013]].<ref>{{cita web|título=Viveiro consegue a declaración de interese turístico internacional para a súa Semana Santa|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2013/04/16/viveiro-consigue-declaracion-interes-turistico-internacional-semana-santa/00031366127304155655575.htm?idioma=galego|editor=La Voz de Galicia|dataacceso=19 de abril de 2013}}</ref><ref>{{cita web|autor=[[Boletín Oficial del Estado]]|título=Resolución de 16 de abril de 2013, de la Secretaría de Estado de Turismo, por la que se concede el título de «Fiesta de Interés Turístico Internacional» a la «Semana Santa» de Viveiro (Lugo)|url=http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/29/pdfs/BOE-A-2013-4524.pdf|dataacceso=30 de abril de 2013|data=29 de abril de 2013}}</ref> Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría,<ref name="fernandez13">{{harvnb|Fernández García|2000|p=13}}</ref> ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á [[Semana Santa en Castela e León|Semana Santa castelá]], en comparación con exemplos quizais máis soados como a [[Semana Santa en Andalucía|Semana Santa andaluza]].<ref name="fernandez13" />
 
Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o [[Venres de Dores]] e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o [[Domingo de Resurrección]]. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a [[Paixón de Cristo]].<ref name="junta2">{{cita web|título=Xunta de Cofradías Semana Santa de Viveiro|url=http://semanasanta.galiciadigital.com/es/node/441|dataacceso=8 de marzo de 2011|idioma=español}}</ref>
Liña 75:
O martes [[15 de abril]] de [[2003]] pasou á historia por ser o día en que se levaba un paso por un grupo composto unicamente por mulleres, co motivo do 50 aniversario da Irmandade da Santa Cruz.<ref name="VVAA295" />
 
No ano [[2005]] creouse unha nova procesión, a Vía Lucis ou Cristo Resucitado, que desfila na tarde do [[Domingo de Resurrección]]. A última das Confrarías en incorporarse á Semana Santa de Viveiro foi a [[Confraría da Misericordia de Viveiro|Confraría da Misericordia]], creada no ano [[2006]].<ref name="misericordia">{{cita web|título=Cofradía de la Misericordia|url=http://www.semanasantaviveiro.com/index.php/hemeroteca/35-webcofradias/100-cofradia-misericordia|editorial=Semana Santa Viveiro|dataacceso=2824 de febreiroxaneiro de 2011}}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 2021}}</ref> Un grupo de estudantes universitarios, conformado por René Gómez, Ramiro Mel, Enrique Pernas e Rafael Melero fundaron a Confraría da Misericordia. Pronto atoparon apoio na xente vinculada ao mundo do mar, especialmente dos mariñeiros do [[Porto de Celeiro]], que teñen unha gran relación coa imaxe titular da confraría, o Ecce-Homo da Misericordia. Saíu por vez primeira en procesión no ano [[2007]], na [[Procesión da Paixón]] do [[Venres Santo]].
 
En [[2010]] incorporouse á confraría da imaxe da Virxe da Clemencia, doada polo sacerdote Manuel Ares. En [[2011]], a confraría deixou de participar na [[Procesión da Paixón]] para realizar a súa propia procesión, a [[Procesión Penitencial da Redención]] na madrugada do [[Xoves Santo|Xoves]] ao [[Venres Santo]].
 
Todo este apoio popular e esforzo na mellora da Semana Santa de Viveiro recibe a axuda das institucións civís, xa que no ano [[2011]], o concello de [[Viveiro]] e a [[Deputación provincial de Lugo]] deciden apoiar as xestións necesarias para que a Semana Santa de Viveiro pase a ser considerada como unha celebración de [[Festas de interese turístico internacional de España|Interese Turístico Internacional]].<ref>{{cita noticia|nome=Salvador|apelidos=Serantes|título=Viveiro intenta que su Semana Santa sea de interés internacional|url=http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/02/16/0003_201102X16C5991.htm|obra=|editorial=La Voz de Galicia|data=16 de febreiro de 2011|dataacceso=27 de febreiro de 2011|idioma=español}}</ref> No ano [[2013]], a Semana Santa de Viveiro recibiu a declaración internacional, converténdose deste modo na primeira festividade da provincia de Lugo en obter tal mención.<ref>{{cita web|título=Viveiro celebra que su Semana Santa sea de Interés Turístico Internacional|url=httphttps://www.laregion.es/noticiaarticulo/250544galicia/viveiro/-celebra/-semana/-santa/-sea-interes/-turistico/-internacional/20130418120236003223.html|editorial=La Región|dataacceso=1724 de abrilxaneiro de 20132021|urlarquivo=https://archive.is/20130701095859/http://www.laregion.es/noticia/250544/viveiro/celebra/semana/santa/interes/turistico/internacional/|dataarquivo=01 de xullo de 2013|urlmorta=yes}}</ref>
 
== Procesións e outros actos ==
Liña 142:
[[Ficheiro:Ecce_Homo_dos_Franceses.jpg|miniatura|O paso do «Ecce-Homo dos Franceses», participando na procesión homónima.]]
; Procesión da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén
A procesión da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, popularmente coñecida como a procesión da Borriquiña, parte ao mediodía do [[Domingo de Ramos]] da Igrexa de San Francisco. Esta procesión é organizada pola Parroquia de Santiago.<ref name="entradatriunfal">{{cita web|título=Procesión de la Entrada Triunfal de Jesús en Jerusalén o de “La Borriquita”|url=http://semanasanta.galiciadigital.com/es/node/230|dataacceso=24 de marzo de 2011|idioma=español}}</ref> Nela participa un único paso, creado polo escultor José Rivas no ano [[1947]],<ref name="fernandez54">{{harvnb|Fernández García|2000|p=54}}</ref> composto por catro esculturas: [[Xesucristo]], a borriquiña, unha muller de xeonllos e un neno que leva unha palma.<ref name="VVAA297">{{harvnb|VV.AA.|2008|p=297}}</ref> É acompañado por unha multitude de xente portando palmas e ramos para a súa [[bendición]].<ref name="domingoramos">{{cita web|título=Semana Santa de Viveiro - Domingo de Ramos|url=http://www.semanasantaviveiro.com/index.php/domingo-de-ramos-281-de-marzoabril-2010del-2012|dataacceso=2524 de xaneiro de 20112021|idioma=español|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110204043335/http://www.semanasantaviveiro.com/index.php/domingo-de-ramos-28-de-marzo-2010|dataarquivo=04 de febreiro de 2011|urlmorta=yes}}</ref>
; Procesión do Ecce-Homo dos Franceses
A procesión do Ecce-Homo dos Franceses ten lugar o [[Domingo de Ramos]] pola tarde. As Xuventudes Franciscanas, filial da [[Venerable Orde Terceira Franciscana de Viveiro|Venerable Orde Terceira Franciscana]], encárganse de organizar esta procesión.<ref name="VOT">{{cita web|título=Venerable Orden Tercera Franciscana|url=http://www.semanasantaviveiro.com/cofradias/orden.htm|editorial=Semana Santa Viveiro|dataacceso=28 de febreiro de 2011}}</ref> Procesionan tres imaxes, o «Cristo da Vera Cruz», o de «A Coroación de Espiñas» e a do «Ecce-Homo dos Franceses».<ref name="fernandez62">{{harvnb|Fernández García|2000|p=62}}</ref> Recibe este nome xa que segundo a lenda durante a [[Guerra da Independencia española|Guerra de Independencia Española]], os habitantes de Viveiro encomendáronse con tal fervor a devandita imaxe que espertou a admiración dos franceses, quen perdoaron o pobo.<ref name="domingoramos" />
Liña 162:
[[Ficheiro:La_Piedad_-_Viveiro.jpg|miniatura|Paso de «A Piedade», na [[Procesión da Paixón]].]]
; Procesión do Encontro
A procesión do Encontro ten lugar na mañá do [[Venres Santo]], que realiza a [[Venerable Orde Terceira Franciscana de Viveiro|Venerable Orde Terceira Franciscana]].<ref name="VOT" /> Parte desde a [[Igrexa de San Francisco de Viveiro|Igrexa de San Francisco]], tendo lugar representacións das caídas tamén na Praza Maior e no atrio da [[Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro|Igrexa de Santa María do Campo]].<ref name="VVAA334">{{harvnb|VV.AA.|2008|p=334}}</ref> Represéntanse as tres caídas de Xesús no camiño ao [[Monte Calvario]], así como o encontro con María, San Xoan e a Verónica. Nela procesionan pasos con movemento articulado, os de «Xesús coa Cruz a costas» e «A Dolorosa», así como as imaxes de «A Verónica» e «San Xoán».<ref name="spaininfo">{{cita web|título=Spain.info: Semana Santa de Viveiro|url=httphttps://www.spain.info/es/viveagenda/fiestassemana-santa-viveiro/lugo/semana_santa_de_viveiro.html|editorial=Turespaña|dataacceso=2524 de xaneiro de 20112021|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100721034517/http://www.spain.info/es/vive/fiestas/lugo/semana_santa_de_viveiro.html|dataarquivo=21 de xullo de 2010|urlmorta=yes}}</ref>
; Procesión do Santo Enterro
A procesión do Santo Enterro ten lugar na tarde do [[Venres Santo]], tras o acto de Descendemento de Xesús da Cruz. Parte da [[Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro|Igrexa de Santa María do Campo]], sendo organizada pola [[Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario de Viveiro|Confraría do Santísimo Rosario]].<ref name="VVAA350">{{harvnb|VV.AA.|2008|p=350}}</ref> Esta procesión abre filas cunha Cruz Procesional do [[século XVI]] en prata,<ref name="adrangoas">{{harvnb|Adrán Goás|Kawamura Kawamura|Pardo de Cela|2001}}</ref> seguida polas imaxes realizadas na primeira metade do [[século XX]] por José Tena: «María Magdalena» e «San Xoán».<ref name="donapetry375" /> Continúa co «Santísimo Cristo Xacente», tamén obra de Tena, pechando a procesión a «Virxe da Soidade», obra de [[Modesto Quilis]],<ref name="donapetry375" /> e palio baleiro.