Rajon Rondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
=== Profesional ===
Foi elixido no post 21 do [[Draft da NBA]] de [[2006]] polos [[Phoenix Suns]], os cales inmediatamente o traspasaron aos [[Boston Celtics]]. Na súa primeira tempada como profesional foi titular e ao rematar a tempada foi incluído no segundo mellor quinteto de ''rookies'' do ano. Tamén conseguiu encabezar a clasificación de roubos de balón por 48 minutos de xogo, con 3,36, sendo décimo na clasificación global. No seu segundo ano, disputou 77 partidos da liga regular, foi elixido entre os xogadores ''sophomore'' que disputaron o partido do All Star e mellorou considerabelmente osas seussúas promediosmedias ata os 10,6 puntos, 4,2 rebotes e 5,1 asistencias. A pesar da chegada de [[Sam Cassell]], segue sendo o base titular dos Celtics.
 
Na [[Tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]], Rondo xogou o seu mellor baloncesto des que xoga na NBA, titular indiscutíbel na franquía de Massachussetts, os Celtics volvían a xogar os ''playoffs'', pero coas baixas por lesión de [[Kevin Garnett]] e [[Leon Powe]] os Celtics non pasaron das semifinais de conferencia, pese a todo na retina dos bos afeccionados ao baloncesto quedará a primeira rolda fronte aos [[Chicago Bulls]] onde o "9" dos Celtics obtivo case unha triplo dobre nos 7 partidos que durou a serie.