Antón Santamarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Etiqueta: Revertida
Liña 9:
Profesor adxunto interino desde [[1967]]<ref>VV.AA. ''Cada palabra pesaba, cada palabra medía: homenaxe a Antón Santamarina''. USC, 2008, páxina 20</ref>, compaxinou o cargo de profesor da Universidade de Santiago, por oposición desde [[1975]], co de secretario do [[Instituto da Lingua Galega]] entre [[1971]] e [[1991]]. En [[1991]] foi elixido polo consello científico director do Instituto da Lingua Galega, deixando este cargo no [[2005]].
 
Foi tamén secretario do departamento de Lingua Galega na [[Xunta de Galicia|Xunta preautonómica]] en [[1979]], cargo que lle permitiu comezar coa implantación do ensino do galego na [[EXB]] e o [[Bacharelato|BUP]]. Desde 1979 é secretario da Comisión de [[Toponimia]] da [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]].
 
En [[1983]] gañou a cátedra de Filoloxía Románica en [[Cádiz]] pero permaneceu na Universidade de Santiago, obtendo a cátedra nesta en setembro dese mesmo ano. Entre [[1992]] e [[1997]] foi vicepresidente do [[Consello da Cultura Galega]].