Nils-Aslak Valkeapää: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Procedía dunha familia dedicada á cría de renos e estudou maxisterio, aínda que nunca exerceu. Pasou boa parte da súa vida en Käsivarsi, preto da fronteira [[Suecia|sueca,]] e tamén na localidae de Skibotn en [[Noruega]]. Seguiu a tradición do canto tradicional, o [[joik]], que xoga un papel central no mundo literario e artisticoartístico saami pero na décade de 1960 unha nova xeración de joikem, xente nova que buscaba as súas raíces, comezou a modernizalo, e Valkeapää converteuse nun dos máis prominentes. O seu primeiro álbum ''Jojkuja'' de 1968, contiña joiks modernizados e deu a coñecer esa música por todo o mundo, realizando unha xira polos Estados Unidos en 1983 con [[Seppo Paakkunainen]].<ref>{{Cita web |url=http://www.baiki.org/content/nils.htm |título=Muus, Nathan & Gaski, Harald: Nils-Aslak Valkeapää Báiki: The International Sami Journal. 2001 |data-acceso=18 de agosto de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160601174210/http://www.baiki.org/content/nils.htm |dataarquivo=01 de xuño de 2016 |urlmorta=yes }}</ref>
 
Valkeapeää compuxo en 1987 a música e interpretou o personaxe de Siida-Isit na primeira longametraxe en saami, ''Ofelaš'', coñecida internacionalmente como Pathfinder, dirixida por [[Nils Gaup]]. Nas Olimpiadas de Inverno de 1994 en [[Lillehammer]] actuou na cerimonia de apertura. Un joik do filme apareceu no álbum de [[Mike Oldfield]] editado en novembro de 1994 ''The Songs of Distant Earth'' co título de "Prayer for the Earth".<ref>{{Cita web |url=http://tubular.net/discography/TheSongsOfDistantEarth |título=The Songs of Distant Earth en tubular.net |data-acceso=18 de agosto de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160904043735/http://tubular.net/discography/TheSongsOfDistantEarth |dataarquivo=04 de setembro de 2016 |urlmorta=yes }}</ref> En 1996 sufriu un serio accidente de automóbil, retirándose da vida pública.