Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado obra
Liña 36:
 
== Discusións entre Marx e Proudhon ==
As cordiais relacións entre Proudhon e [[Karl Marx|Marx]] non duraron moito. Marx, que rompeu con cantos lle precederon, quixo atacar, en certo momento, ao alemán [[Anastasius Grün|Grün]], representante do chamado "verdadeiro socialismo", e quixo arrastrar consigo a Proudhon, o cal, o mesmo que [[Mikhail Bakunin|Bakunin]], non se prestou a iso. Velaquí o que en tal ocasión escribe o "pai do socialismo francés" ao "pai do socialismo alemán": "''Logo de demoler todos os dogmas'' a priori'', non caiamos, á nosa vez, na contradición do voso compatriota [[Martiño Lutero]]; non pensemos tamén nós en adoutrinar ao pobo; manteñamos unha boa e leal polémica. Demos ao mundo o exemplo dunha sabia e previsora tolerancia, pero, dado que estamos á cabeza do movemento, non nos transformemos en xefes dunha nova intolerancia, non nos situemos como apóstolos dunha nova relixión, aínda que esta sexa a relixión da lóxica''".
 
Marx ataca a Proudhon cando este publica oa seusúa Sistema''Philosophie dasde contradiciónsla económicasmisère'', tres ou catro anos logo de encomialo polo libro ''[[Qu'est-ce que la propriété?]]''.
 
Para moitos marxistas, Proudhon é un ideólogo da pequena burguesía, e particularmente das clases artesás e campesiñas. Os proudhonianos responden a isto recordando as orixes de Proudhon como traballador manual. Algúns autores como [[Jean Touchard]], na súa ''Historia das ideas políticas'', prefiren definir ao proudhonismo como "''un socialismo para artesáns''"; outros falaron dun "''socialismo para campesiños''". Os proudhonianos responden a isto dicindo que tales definicións só se poden aceptar tendo en conta que, no momento en que Proudhon pensaba e escribía, a maioría dos traballadores asalariados eran artesáns e agricultores máis que obreiros industriais. Tamén hai quen optou por chamalo como [[Léon Bourgeois|Léon Víctor Bourgeois]], "pai do socialismo francés", como con Stekloff, "pai do anarquismo" e como Dolléans, "gran filósofo e tribuno da plebe europea".
 
== Obra ==
 
* ''Qu'est ce que la propriété? Ou recherches sur le principe du droit et du gouvernement'' (1840)
* ''Avertissement aux propriétaires'' (1841)
* ''Système des contradictions économiques ou Philosophie de la misère'' (1846)
* ''Solution du problème social'' (1848)
* ''Les Confessions d'un révolutionnaire pour servir à l'histoire de la Révolution de Février'' (1849)
* ''Idée générale de la révolution au XIXe siècle'' (1851)
* ''Le manuel du spéculateur à la bourse'' (1853)
* ''De la justice dans la révolution et dans l'Église. Nouveaux Principes de philosophie pratique'' (1858)
* ''La Guerre et la Paix'' (1861)
* ''Du principe Fédératif'' (1863)
* ''De la capacité politique des classes ouvrières'' (1865)
* ''Du principe de l'art et de sa destination sociale'' (1865)
* ''Théorie de la propriété'' (1866)
* ''Théorie du mouvement constitutionnel'' (1870)
* ''Correspondances'' (1875)
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Pierre-Joseph Proudhon}}
{{Wikiquote|Pierre-Joseph Proudhon}}
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20050929085527/http://www.geocities.com/organizacion_libertaria_ja/IdeologiaAnarquista.htm Ideología anarquista], de Ángel J. Cappelletti {{es}}.
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Proudhon, Pierre Joseph}}
[[Categoría:Anarquistas]]