Eguas de Diomedes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
[[Ficheiro:Gustave Moreau - Diomède dévoré par ses chevaux.jpg|miniatura|300px|Diomedes devorado polas súas eguas (Gustave Moreau, 1865)]]
 
As '''Eguas de Diomedes''' eran catro bestas, chamadas Podargo, Lampón, Xanto e Deino, que se alimentaban de carne humana, propiedade deste [[Diomedes de Tracia|Diomedes]], rei de [[Tracia]] e fillo de [[Ares (deus)|Ares]] e [[Cirene]].
 
[[Heracles]], para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>, tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. O oitavo traballo consistiu en traer ante Euristeo estas catro eguas.
 
Heracles embarcouse cun grupo de voluntarios e puido capturar as catro eguas sen grandes dificultades, tralo cal levounas onda o barco. Os bístones, os súbditos de Diomedes, acudiron a recuperalas e Heracles, para poder loitar con eles, deixou as eguas ó coidado do seu amigo [[Abdero]], fillo de [[Hermes]]. Venceu ós bístones e matou a Diomedes, facendo fuxir ós seus soldados, pero mentres tanto, as eguas arrastraropn e mataron a Abdero, polo que Heracles fundou alí unha cidade á que chamou [[Abdera]].
 
Outras fontes din que Heracles xse enfrontou a Diomedes cando foi roubar as eguas, e que o matou botándoo a estas, que o devoraron. Unha vez saciadas, as eguas tornáronse mansas e Heracles puido xunguilas ó carro co que volveu a Micenas. Euristeo soltounas e os animais foron percorrendo Grecia ata chegar ó [[Monte Olimpo, Grecia|monte Olimpo]], onde terminando morrendo atacadas polas feras que alí había.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Mares of Diomedes}}
=== Bibliografía ===
 
* ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: ''Arte y mito. Manual de iconografía clásica''. Sílex, 3ª ed. 2017.
* [[Robert Graves|GRAVES, Robert]]: ''Los mitos griegos'', Ed. Gredos, 1ª ed. 2019.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hixino|HIXINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].