Touro de Creta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
Heracles, para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>, tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. Neste caso tratábase de capturar o Touro de Creta e levalo vivo a [[Micenas]]. Con este traballo comezan os que tivo que realizar fóra do Peloponeso, onde levara a cabo os seis traballos anteriores.
 
Os distintos autores discretan respecto á orixe do animal. Segundo uns <ref>Por exemplo, [[Acusilao]].</ref>, foi aquel touro inmaculadamente branco que raptou a [[Europa (mitoloxía)|Europa]], filla do rei de [[Tiro]], por encargo de [[Zeus]] <ref>Habitualmente, crese que foi o propio Zeus quen, metamorfoseado en touro, raptou a Europa e levouna sobre o seu lombo a Creta, onde a posuíu.</ref>. Segundo outros, como [[Hixino]], foi o touro que saiu do mar, por obra de [[Poseidón]] para que [[Minos]], rei de [[illa de Creta|Creta]], o sacrificase na súa honra, pero como Minos gardouno como semental para os seus rabaños e sacrificou outro de menos valor no seu lugar, Poseidón vingouse volvéndoo salvaxe <ref>Con este touro foi co que a muller de Minos, [[Pasífae]], tivo relacións sexuais e enxendrou a [[Minotauro]]. "''Levou vivo a Micenas, desde a illa de Creta, o touro co que xaceu Pasífae''" (Hixino: ''Fábulas mitolóxicas'', 30.</ref>.
 
En calquera caso, era o animal salvaxe que devastaba Creta e arrasaba os campos, botando lume polas ventas, e o que debía capturar Heracles.
Liña 31:
* [[Robert Graves|GRAVES, Robert]]: ''Los mitos griegos'', Ed. Gredos, 1ª ed. 2019, 525-526.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hixino|HIXINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 30.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, II, 5, 7 [a numeración segue a utilizada neste texto].