Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O gran descoñecemento das [[lingua]]s que se falaban antes da chegada do [[latín]] á [[Gallaecia]] obriga a que tódalas afirmacións que se fagan sexan sempre simples hipóteses. Debido a isto, o principal método para analizar a orixe do léxico no galego é a comparación co léxico análogo noutros territorios e polo tanto hai moitas combinacións de distribución. De todos xeitos, acéptase xeralmente que a maioría das [[léxico|unidades léxicas]] anteriores ósaos romanos conservadas son [[substantivo]]s, sen menoscabo de que tamén haxa [[adxectivo]]s ou [[verbo]]s.
 
==Preindoeuropeos==
Durante a [[Idade de Pedra]] ataaté aproximadamente o ano [[-3000|3000 a. C.]] chegaron ao noroeste peninsular compoñentes non [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]]s, traídos tanto polos propios pobos que falaban esas linguas coma mediante [[Préstamos da lingua galega|préstamos]] a través de falantes doutras linguas ou mesmo polos propios romanos. Dentro deste continxente distínguense dous grupos: elementos preindoeuropeos compartidos coas zonas [[éuscaro|vascófonas]] fronte ás reliquias que non teñen un paralelismo coñecido no éuscaro.
 
=== Comúns ó éuscaro===