Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
(Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperador [[Odón I]]) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (a ''Rheinvorstadt''). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña, ''Alter Mark'' e ''Heumarkt'' (o mercado vello e o do feo) <ref>''Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/89/e8/20289.978x1304xin.jpeg]</ref>. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortaleza ''Divitia'') outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.
 
Os comerciantes e burgueses comezaron a sublevarse contra o poder episcopal en 1074 e coa axuda do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], en 1106 acadaron certa autonomía. De resultas e contra o desexo arcebispal, novas murallas foron levantadas en 1108 incluíndo os arrabaldes que tiñan crecido arredor das igrexas extramuros ao norte (Sta. Úrsula e S. Kuniberto), sur (S. Xurxo), e oeste (Santos Apóstolos)<ref>''Planta de Colonia coas murallas de 1108 e os grandes templos (o recinto exterior é o de 1180)'' [http://www.geopuls.de/typo3temp/pics/53bd877a80.jpg] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160307101817/http://geopuls.de/typo3temp/pics/53bd877a80.jpg |date=07 de marzo de 2016 }}</ref><ref>[http://daniel-joedemann.de/wordpress/wp-content/uploads/2009/12/Mittelalter_Koeln.jpg ''Idem coa evolución do caserío no século X e XI'']{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>. A primeira mención do concello de Colonia data de 1135 (a ''Rathaus'' situouse sobre as fundacións do Pretorio romano, nas costas do mercado vello e S. Martiño, cunha praza de diante no canto do gueto xudeu que foi destruído).
 
=== Esplendor medieval ===
No período de entreguerras (o da [[República de Weimar]]), con [[Konrad Adenauer]] coma alcalde, levouse a cabo o plan para a creación de cintos verdes (''Grüngürtel'') arredor da cidade consolidada do tempo (aproveitando a esixencia do [[Tratado de Versailles]] de desmantelamento dos últimos baluartes defensivos que rodeaban a vila máis aló da Neustadt <ref>{{Cita web |url=http://www.koelner-gruen.de/CMS/Innerer_Gruenguertel.mfpx?ActiveID=1084 |título=''Páxina sobre os cintos verdes de Colonia'' |data-acceso=16 de xuño de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131002212134/http://www.koelner-gruen.de/CMS/Innerer_Gruenguertel.mfpx?ActiveID=1084 |dataarquivo=02 de outubro de 2013 |urlmorta=yes }}</ref><ref>''Mapa moderno do centro de Colonia coas diferentes seccións da historia da cidade ben diferenciadas: a Alstadt, o anel de bulevares (Ring), a Neustadt e o cinto verde (Grüngürtel) interior de 1922; nótese no río o peirao Rheinauhafen de 1898'' [http://www.diercke.de/bilder/omeda/501/100760_010_1.jpg] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140912072618/http://www.diercke.de/bilder/omeda/501/100760_010_1.jpg |date=12 de setembro de 2014 }}</ref>). Neste período a vila foi tamén modélica en construción de vivenda social.
[[Ficheiro:EKT-2007-Koeln-Altstadt.jpg|miniatura|200px|A ribeira medieval de Colonia na actualidade: San Martiño o Grande en primeiro termo; ao fondo a Catedral e á dereita apunta a torre da ''Rathaus''.]]
Na [[Segunda Guerra Mundial]], a cidade histórica de Colonia foi devastada polos bombardeos. As labouras de reconstrución duraron toda a segunda metade do [[século XX]] sendo as vellas igrexas románicas unha prioridade. A ''tabula rasa'' na que se convertera a ''Alstadt'' foi aproveitada para a introdución de grandes arterias para o automóbil (que xa foran planificadas na época nazi). Sobre todo no eixo leste-oeste destruíron un tanto a beleza da Praza do Feo, aberta agora cunha ponte cara a Deutz <ref>[{{Cita web |url=http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg |título=''O centro actual de Colonia nunha perspectiva de cómic''] |data-acceso=27 de xullo de 2013 |data-arquivo=04 de marzo de 2016 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160304110852/http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg |url-morta=yes }}</ref>).
 
Nas últimas décadas a fronte medieval sobre o Rin ten sido convertido en parque coa transformación do primitivo porto en peirao de lecer. Por outra parte, o ''Rheinauhafen'' do fin do XIX ten sido obxecto dunha reconversión urbana transformándose en área de oficinas e residencial <ref>''Plan de rexeneración do Rheinauhafen, na ribeira sur da cidade histórica''[http://www.moderneskoeln.de/Rheinauhafen.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110719062500/http://www.moderneskoeln.de/Rheinauhafen.htm |date=19 de xullo de 2011 }}</ref>. O porto moderno foi desenvolvéndose con novos peiraos augas abaixo do río.
178.045

edicións