Diferenzas entre revisións de «Xabaril de Erimanto»

máis
(máis)
(máis)
{{en uso}}
 
[[Ficheiro:Hercules and the Boar of Erymanthus LACMA 65.37.10.jpg|miniatura|300px|Heracles e o Xabaril de Erimanto (Antonio Tempesta e Nicolo Van Aelst, 1608)}}]]
 
Na [[mitoloxía grega]], o '''Xabaril de Erimanto''' era un enorme [[xabaril]] que se alimentaba da xente e devastaba a rexión do [[monte Erimanto|Erimanto]], na [[Arcadia]].
No camiño cara o Erimanto, Heracles parou na casa do [[centauro]] [[Folo]] (fillo de [[Sileno]], un [[sátiro]] compañeiro de [[Dioniso]]). Este Folo era amigo de Heracles e, xunto a [[Quirón]], os dous únicos centauros sabios e rectos <ref>Quirón foi o preceptor de [[Aquiles]].</ref>, mentres que o resto deles eran personaxes salvaxes, luxuriosos, violentos cando estaban borrachos, como resultaba habitual.
 
Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle [[viño]]. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles, e logo xa perseguiunos lanzándolles frechas. Os centauros refuxiáronse xunto a [[Quirón]] con tan mala sorte que unha das frechas de Heracles feriu a un deles, [[Élato]], e foi dar no xeonllo de Quirón.
 
Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón <ref>Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece [[Plinio o Vello]].</ref>, as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois
 
 
 
59.403

edicións