Xabaril de Erimanto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
 
[[Ficheiro:Hercules and the Boar of Erymanthus LACMA 65.37.10.jpg|miniatura|300px|Heracles e o Xabaril de Erimanto (Antonio Tempesta e Nicolo Van Aelst, 1608)}}
 
Na [[mitoloxía grega]], o '''Xabaril de Erimanto''' era un enorme [[xabaril]] que se alimentaba da xente e devastaba a rexión do [[monte Erimanto|Erimanto]], na [[Arcadia]].
 
== A caza do xabaril ==
[[Heracles]], para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de [[Zeus]], e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>, tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]].
 
O terceiro destes traballos <ref>A ordenación dos doce traballos non é sempre a mesma segundo o mitógrafo consultado. Para Grimal ou Hixino, este foi o terceiro traballo; para Pseudo-Apolodoro, foi o cuarto.</ref> foi cazar o Xabaril de Erimanto e levar o seu corpo ante Euristeo.
 
Heracles, dando grandes berros, fixo saír do covo ó xabaril e foi empurrándoo ata chegar a unha zona cuberta dunha grosa capa de neve. Alí seguiu tras o animal ata agotalo e así puido darlle morte. Cargouno sobre os ombros e levouno a [[Micenas]], ante Euristeo. Este, aterrorizado, agochouse na cántara de bonce que mandara construír para protexerse de Heracles.
 
Cóntase que a pel do xabaril e mailos cairos gardáronse como [[exvoto]] no santuario de [[Apolo]] en [[Cumas]] <ref>[[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] VIII, 24, 5.</ref>, unha antiga cidade da [[Magna Grecia]] (actual [[Campania]], ó sur de Italia).
 
== O centauro Folo ==
[[Ficheiro:Herakles Pholos Louvre MNE940.jpg|miniatura|300px|esquerda|Heracles e o seu amigo o centauro Folo (hidria ática de figuras negras, 520-510 aC, Louvre) ]]
 
No camiño cara o Erimanto, Heracles parou na casa do [[centauro]] [[Folo]] (fillo de [[Sileno]], un [[sátiro]] compañeiro de [[Dioniso]]). Este Folo era amigo de Heracles e, xunto a [[Quirón]], os dous únicos centauros sabios e rectos <ref>Quirón foi o preceptor de [[Aquiles]].</ref>, mentres que o resto deles eran personaxes salvaxes, luxuriosos, violentos cando estaban borrachos, como resultaba habitual.
 
Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle [[viño]]. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles
 
 
== Notas ==
Liña 13 ⟶ 26:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|ZeusErymanthian Boar}}
 
=== Bibliografía ===