Rotación da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Período de rotación: aumento observado en 2020
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Período de rotación: cuantificación
Liña 7:
O movemento da Terra é complexo e simplifícase utilizando un método común na mecánica en tres movementos independentes: [[nutación]], [[precesión]] e [[rotación propia]] (deixando a á parte a [[traslación]]). A rotación propia é un movemento que efectúa a Terra virando sobre si mesma ao longo dun eixo ideal denominado [[eixo terrestre]]. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos e denomínase [[día sidéreo|día sideral]].
 
A rotación da Terra sufre variacións debido a diversos efectos, como o das [[Marea|mareas]], que fan máis lento dito movemento, os terremotos e a causas aínda non ben determinadas. Así, no [[2020]] determinouse un aumento na velocidade angular de rotación terrestre. O día 19 de xullo de 2020 éo máis curto do que se ten noticia, 1,4602 milisegundos máis curto que a media.<ref>{{Cita web|título=The Earth has been spinning faster lately|url=https://phys.org/news/2021-01-earth-faster.html|páxina-web=phys.org|data-acceso=2021-01-21|lingua=en}}</ref>
 
Con todo, a primeira referencia tomada polo ser humano foi o [[Sol]], cuxo movemento aparente, orixinado na rotación da Terra, determina o día e a noite, dando a impresión que o ceo vira ao redor do planeta. No uso coloquial da linguaxe utilízase a palabra [[día]] para designar este fenómeno, que en [[astronomía]] refírese como ''día solar'' e correspóndese co [[tempo solar]].