Benito Vicetto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 55:
Nestas cartas Vicetto pediu a Murguía que regresase a Galiza, ofrecéndolle un posto no seu xornal ''El Clamor'': "''Ven, ven como sexa, empregado de calquera modo. Galiza necesítate''", dille nunha das misivas. Noutra chama a Murguía "''irmán de Galiza''", afirmando que "''hai unha misión para os dous que hai que cumprir, aínda que sexa unha misión de martirio''". Na carta semella ser o mesmo Pardo de Cela quen se expresa e non o novelista ferrolán.<ref>Renales Cortés (1989). p.341</ref>
 
A primeira entrevista entre ambos homes foi descrita por Murguia na súa obra ''Los precursores'', nela describe a decepción de Vicetto ao coñecelo e non colmar as espectativasexpectativas creadas na súa imaxinación. Tamén expresa a súa propia aversión polo avasalamento e superioridade amosados polo ferrolán.<ref>Manuel Murguía (1886). pp.236-237</ref> A animosidade e a rivalidade marcou desde entón a relación, coa excepción de ''Los Hidalgos de Monforte'', Murguía criticou causticamente a obra de Vicetto desde aquel momento.<ref>López de Serantes (1978).pp.117-120</ref>
 
A finais de 1856 Vicetto foi ascendido e destinado como comandante ao presidio de [[Alcalá de Henares]] onde, illado socialmente continuou publicando as súas ''Crónicas de Galicia'' e unha novela, ''Magdalena'', publicada no 1857.<ref>Fort y Roldán (1903). p.13</ref>[[Ficheiro:Discurso_Benito_Vicetto_en_La_perseverancia.jpg|miniatura|Discurso de Benito Vicetto no Ateneo da Coruña (1859).<ref>{{Cita web|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1235132&presentacion=pagina&posicion=1|páxina-web=Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia|título=La perseverancia. 24 de abril de 1859|data-acceso=19/01/2021}}</ref>|243x243px]]Volveu a Coruña na primeira oportunidade, a comezos do 1859, retomando con enerxía a súa vida anterior. Pronunciou naquelas datas un encendido discurso político "''por Galicia y para Galicia [<nowiki/>[[sic]]]''" no ateneo da Coruña. A disertación foi reproducida o 24 de Abril no xornal ''[[La Perseverancia|La perseverancia]]''.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Vicetto|nome=Benito|data=24 abril 1859|título=Discurso de Benito Vicetto no ateneo da Coruña.|revista=La Perseverancia : periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales|número=15|url=https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1235132&presentacion=pagina&posicion=1}}</ref> No 1860 publicou a novela pretendidamente autobiográfica ''Victor Basben'', que para Murguía amosaba máis o que o autor desexaba ser que o que na realidade era<ref>Manuel Murguía (1886). pp.253.254</ref>. Na segunda parte do libro incluíu a lenda mitolóxica ''[[Hiar]]-Treva''<ref>{{Cita libro|título=Hiar-Treva, balada de los obretrevas|apelidos=Vicetto|nome=Benito|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1001745&presentacion=pagina&posicion=30|publicación=Victor Basben|ano=1860|ref=}}</ref>'','' unha balada mítica sobre a fundación da céltica Galiza que escribira no 1848<ref>López de Serantes (1978). p.59</ref>. Nese mesmo ano imprimiu o ensaio histórico ''Los reyes suevos en Galicia''. No 1861 ''El lago de la Limia'' e a conclusión das súas crónicas, publicadas baixo o título final de ''Crónicas Galaicas''.<ref>López de Serantes (1978). p.122</ref>
Liña 63:
Por estas datas rematou a súa amizade coa influente Juana de Vega. Adicábase esta, xunto a [[Concepción Arenal]], a realizar visitas aos cárceres tentando mellorar as condicións de vida dos presidiarios. Estas visitas resultaron nun conflito co comandante da prisión coruñesa, o estrito Vicetto, de quen se afirma gardaba escrito pola súa propia man, con anotacións artigo por artigo, o regulamento carcerario.<ref>López de Serantes (1978). pp.124-125</ref>
 
No [[2 de xullo]] de [[1861]], o prolífico Vicetto colaborou na organización na Coruña dos que serían os [[Xogos florais da Coruña|primeiros xogos florais]] galegos.<ref name=":0">[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=5195 ''Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos''] [[Galiciana]].</ref> Presentando o autor aos mesmos a balada ''Al enamorado Macias,'' confiado en acadar o premio no certame. Finalmente concedeuselle só o primeiro accésit, o que o ofendeu profundamente. Vicetto culpou da aldraxe a "''certa condesa''", en referencia a Juana de Vega, condesa de [[Francisco Espoz y Mina|Espoz y Mina]] "''que desde a súa casa movía e gobernaba os máis sutís fios da vida coruñesa''".<ref>Moure Mariño (1979). p.194</ref> Motivado por isto Vicetto decidiu abandonar a Coruña, iniciando entón un longo periplo por diferentes presidios españois. No 1862 trasladouse como comandante ao cárcere de Toledo, permutando de seguida o seu posto co xefe do penal de Ceuta e traladándose no verán do 1863 ao de Granada. Alí, "''desterrado entre xentes que falaban outra lingua e tiñan outros amores''"<ref>Manuel Murguía (1886). p.242</ref> publicou unha colección de poesías ''El angel de mi amor''. No outono ocupou un novo destino, esta vez en Barcelona, lugar no que publica ''Nostalgia'', un libro onde se percibe a ''morriña'' pola súa patria. Aínda aceptou brevemente outro cargo no carcerecárcere de "el canal de isabel II" no que pasou pouco mais dun mes antes de renunciar e retornar finalmente a Coruña en xaneiro do [[1864]].<ref>Fort y Roldán (1903). pp.15-16</ref> Cidade na que publicou nese mesmo ano un novo libro de poemas: ''El eco de mi amor.'' Poesías que unidas a outras do autor forón publicadas na obra ''Ecos del alma'' en 1869.<ref>López de Serantes (1978). p.141 </ref>
 
=== Historia de Galicia ===
Liña 71:
 
[[Ficheiro:Miguel Payá y Rico - 1885 - Román Navarro.jpg|miniatura|311x311px|Miguel Payá y Rico, arcebispo de Santiago, censurou a Historia de Galicia de Vicetto]]
As críticas adversas non foron o único problema co se encontrou a obra de Vicetto. No segundo tomo da ''Historia'', publicada no 1866, incluiuincluíu o autor unha reflexión teolóxica, próxima ao [[panteísmo]], na que remataba por concluír a equivalencia entre Deus e o tempo.<ref>{{Cita libro|título=Historia de Galicia|apelidos=Vicetto|nome=Benito|editorial=|ano=1866|ISBN=|ref=|url=https://books.google.es/books?id=McY3OPZSJ7UC&pg=PA235#v=onepage&q&f=false|volume=2|páxina=235}}</ref> A obra foi denunciada á igrexa por este motivo, e no [[8 de xaneiro]] de 1867 o bispo Ponciano de Mondoñedo escribiu a Vicetto solicitándolle a retirada do libro e a reforma do capítulo. Vicetto negouse polo que interveu o arcebispo de Santiago, o [[Miguel Payá y Rico|cardeal Payá]], quen nunha nova misiva no [[8 de abril]] solicitou a retirada das páxinas 233 a 244 da obra. O intento de censura xerou unha intensa polémica na prensa da época, chegando Vicetto a publicar as misivas no [[El Diario de Ferrol|D''iario de Ferrol'']] e nun apéndice no terceiro volume da Historia no ano 1867.<ref>{{Cita web|título=Polémica sobre la naturaleza de Diós entre el Eminentísimo Cardenal, Arzobispo de Santiago y el Sr. D. Benito Vicetto|url=https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=52565|páxina-web=arquivo.galiciana.gal|data=1867|data-acceso=|lingua=|nome=|apelidos=}}</ref> No [[22 de xullo]] o arcebispo volveu esixir a retirada da obra, mais crendo Vicetto que tras da actitude do prelado había influencias alleas negouse novamente, polo que o gobernador civil da Coruña ordenou retirar a publicación e a confiscación de todos os exemplares en poder do editor.
 
PerxudicadosPrexudicados economicamente Vicetto e o editor Nicasio Taxonera acudiron a Santiago, onde se entrevistaron co arcebispo de Santiago. A entrevista rematou en enfrontamento. O [[Miguel Payá y Rico|cardeal Payá]] esixiu airadamenteiradamente a retractación máis absoluta e espetou a Vicetto: "''se o seu Deus é o tempo, eu cuspo nese Deus''" ao que este respostou: "''Pois ben, ao Deus tempo apelo para que se faga xustiza''..". O indignado Vicetto partíu entón cara a Madrid, xunto a Taxonera, onde todos os seus requerimentos foron rexeitados con "''extrañaestraña hostilidade''" .<ref>López de Serantes (1978). pp.143-144</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Risco|nome=Vicente|data=1928|título=Vicetto ou o romantismo|PMC=|revista=Revista Nós|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=111-113|número=54|url=https://revistanos.galiciana.gal/recurso/ano-x-numero-54---15-xuo-1928/68c9e89d-930c-4e53-921e-2f00b857fdca?pagina=13}}</ref> Afundido no desánimo, Vicetto abandonou a carreira penal e a cidade da Coruña, volvendo a residir en Ferrol. Alí escribiu unha nova novela: ''Las tres fases del amor,'' que xa disposta para a venda foi tamén retirada por orde gubernamentalgobernamental baixo a acusación agora de "''excesivo naturalismo''".<ref>López de Serantes (1978). pp.142-144</ref>
 
A mudanza política do ano [[1868]], co inicio do chamado [[Sexenio Democrático|sexenio democrático]], permitíupermitiu a Vicetto retomar a publicación da Historia, ao tempo que se lle ofrecía un emprego como superintendente da [[Real Casa da Moeda de Xuvia]].<ref>López de Serantes (1978). p.146</ref> Publicou o cuarto tomo no ano 1871 e o quinto e sexto no 1872. Neste último incluíu o manuscrito "''Relación de algunas casas y linajes del Reino de Galicia''" escrita por [[Vasco da Ponte]] no século XVI, unha obra inédita até o momento e unha importantísima fonte historiográfica para a historia medieval da península ibérica.
 
Paralelamente ao traballo na historia, Vicetto atopou tempo para publicar outra novela no 1872, ''El conde de Amaral,'' e para manter unha activa correspondencia co historiador portugués [[Alexandre Herculano]] o cal escribe a Vicetto nunha carta do 25 de xullo de 1872: "''Galiza dounos poboación e lingua'' (..) ''o portugués non é senón un galego civilizado e perfeccionado''".<ref>{{Cita libro|título=Historia de Galicia|apelidos=Vicetto|nome=Benito|editorial=|ano=1873|ISBN=|ref=|url=https://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1159343&presentacion=pagina&registrardownload=0&posicion=526|volume=VII|páxina=522}}</ref>