León de Nemea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 14:
Cando Heracles chegou onda Nemea e atopou o rastro do león, comezou disparándolle as súas frechas, pero foi inútil: o animal tiña a pel tan grosa que resultaba impenetrable ás mesmas, e resultaba invulnerable. Entón, o que fixo foi ameazalo coa maza (a ''clava'', que cortou no sitio do tronco dunha oliveira silvestre) e obrigalo a refuxiarse na súa gorida. Esta tiña dúas bocas, e Heracles cegou unha delas, para que non puidera escapar. Entón entrou e esganouno cos seus brazos.
 
Logo esfolouno, utilizando para o labor as propias poutas do animal (pois ningún ferro podía desgarrar esa pel), e vestiuse coa pel, utilizando a cabeza como casco. Este se convertirá no atributo máis característico do heroe (a ''leonté'').
 
Heracles levou a pel ante Euristeo que, co medo que colleu, prohibiulle a entrada na cidade e ordenoulle que, de aí en diante, deixara os trofeos ante as portas da muralla. Ademais, Euristeo ordenou construír un gran cántaro de bronce, baixo terra, onde agocharse <ref>[[Diodoro Sículo|Diodoro]] sitúa este feito no episodio do [[xabaril de Erimanto]].</ref>, desde o que transmitía as ordes a través do [[Copreo]], fillo de [[Pélope]]<ref>Copreo tiña matado a Ífito e fuxiu a Micenas, onde foi purificado por Euristeo.</ref>.
Liña 24:
 
Ós 30 días Heracles non regresou, e Molorco preparou o carneiro para o sacrificio, pero antes de chegar a consumalo veu vir a Heracles. Sacrificaron o carneiro a Zeus e Heracles instituíu alí mesmo os [[Xogos Nemeos]], en honor a Zeus.
 
== Iconografía ==
A representación plástica deste episodio céntrase case exclusivamente no momento no aque Heracles estrangula coas súas mans ó león, aínda que en ocasións aparece no momento seguinte, apoiado no león xa morto, que está tendido no chan <ref>Así, nunha das [[metopa]]s do templo de Zeus en [[Olimpia]], hoxe no mjuseo da cidade.</ref>.
 
A evidente semellanza coa fazaña de [[Sansón]] e o león explica a continuidade do motivo ó longo da [[Idade Media]] (por exemplo, en [[Moissac]], c. 1100), [[Renacemento]] ([[Andrea Mantegna]], 1507) e [[Barroco]] ([[Peter Paul Rubens|Rubens]], c. 1610).
 
== Notas ==