León de Nemea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
Considérase fillo de [[Ortro]] e [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]], aínda que tamén se dixo que tería caído da luna, como fillo de [[Zeus]] e Selene. Tiña outros irmáns, da nai con [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]], tamén monstruosos, como [[Cérbero]] (o gardián do [[Hades]]), a [[Hidra de Lerna]] (serpe de múltiples cabezas á que tivo que matar Heracles), a [[Esfinxe]] (con corpo de león e cabeza de muller) ou [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] (con cabeza de león, unha cabeza de cabra no lombo e cola de serpe).
 
== A caza do león de Nemea ==
Heracles, para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de Hera, inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. O primeiro destes traballos foi cazar ó Léon de Nemea, esfolalo e levar a pel ante Euristeo. O animal devastaba a rexión matando e devorando xente e gando, sen que ninguén o conseguise matar. Por iso Euristeo confiaba en que Heracles morrese no intento.
 
Liña 12:
Logo esfolouno, utilizando para o labor as propias poutas do animal (pois ningún ferro podía desgarrar esa pel), e vestiuse coa pel, utilizando a cabeza como casco. Este se convertirá no atributo máis característico do heroe.
 
Heracles levou a pel ante Euristeo que, co medo que colleu, prohibiulle a entrada na cidade e ordenoulle que, de aí en diante, deixara os trofeos ante as portas da muralla.
Hera, en agradecemento ó león, converteu na constelación de [[Leo]]. Outras fontes din que foi Zeus que o fixo, para honrar ó seu fillo.
 
Zeus converteu na ó león constelación de [[Leo]], para honrar ó seu fillo e lembrar a súa fazaña.
 
== Molorco==
No camiño cara Nemea, Heracles foi dar xunto a [[Molorco]], un pobre campesino que perdera un fillo devorado polo león. Molorco acolleuno na súa casa e quixo sacrificar para o seu hóspede un [[ovella|carneiro]], a única propiedade que lle quedaba. Heracles convenceuno para que non o fixera, e que esperara 30 días. Se nese tempo non regresaba significaría que morrera e entón podía sacrificar o carneiro na súa memoria, pero se volvía con éxito sacrificaríano en honor a Zeus.
 
Ós 30 días Heracles non regresou, e Molorco preparou o carneiro para o sacrificio, pero antes de chegar a consumalo veu vir a Heracles. Sacrificaron o carneiro a Zeus e Heracles instituíu alí mesmo os [[Xogos Nemeos]], en honor a Zeus.
 
== Notas ==