León de Nemea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
 
Na [[mitoloxía grega]], o '''León de Nemea''' era un [[león]] terrible, monstruoso e desapiadado que vivía no val do mesmo nome, na [[Argos, Grecia|Argólida]] (no [[Peloponeso]]. Disque fora criado por [[Hera]] ou por [[Selene]], á que o cedería Hera. Foi morto por [[Heracles]].
 
Considérase fillo de [[Ortro]] e [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]], aínda que tamén se dixo que tería caído da luna, como fillo de [[Zeus]] e [[Selene]]. Tiña outros irmáns, da nai con [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]], tamén monstuososmonstruosos, como [[Cérbero]] (o gardián do [[Hades]]), a [[Hidra de Lerna]] (serpe de múltiples cabezas á que tivo que matar Heracles), a [[Esfinxe]] (con corpo de león e cabeza de muller) ou [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] (con cabeza de león, unha cabeza de cabra no lombo e cola de serpe).
 
Heracles, para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. O primeiro destes traballos foi cazar ó Léon de Nemea, esfolalo e levar a pel ante Euristeo. O animal devastaba a rexión matando e devorando xente e gando, sen que ninguén o conseguise matar. Por iso Euristeo confiaba en que Heracles morrese no intento.
 
Cando Heracles chegou onda Nemea, disparoulle inutilmente as súas frechas, pero o animal tiña a pel tan grosa que resultaba impenetrable ás mesmas. Entón, o que fixo foi ameazalo coa maza (a ''clava'') e obrigalo a refuxiarse na súa gorida. Esta tiña dúas bocas, e Heracles cegou unha delas, para que non puidera escapar. Entón entrou e esganouno cos seus brazos
 
 
== Notas ==
{{listaref}}