Atenea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lig. interna
Liña 11:
O seu animal favorito é o [[Athene noctua|moucho]]; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “ deusa de ollos garzos”. Pola protección que concede a [[Ulises]] a e [[Heracles]], Atenea simboliza o auxilio achegado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.
 
Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como [[Esparta]], [[MegaraMégara (cidade)|Mégara]], [[Argo]] etc.
 
Hai semellanzas entre [[Hefesto]] e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela. Desgustada, Atenea limpou o esperma e arroxouno ó chan. E desa semente que impregnou o chan mentres a deusa escapaba, naceu [[Erictonio]], cuxa parte do corpo era como de serpe.