Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 22:
[[Ficheiro:Minotaur.jpg|miniatura|dereita|Teseo no momento de dar morte ó Minotauro]]
 
O terceiro ano, cando se ía celebrar o sorteo para escoller as vítimas, [[Teseo]] apuntouse voluntario coa intención de matar o monstro <ref>A tradición máis estendida di que a selección se facía por sorteo, pero algunhas fontes din que era o propio Minos quen escollía as vítimas.</ref>. Ó chegar ó palacio de Minos, en Creta, [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos e Pasífae, apaixonouse por el e axudouno (a cambio de casar con ela), entregándolle un nobelo de fío para que o fose soltando segundo entraba e poder, logo, saír do labirinto <ref>Outras versións din que o que lle deu Ariadna era unha coroa luminosa que o guiríaguiara nas tebras do labirinto.</ref>. Teseo matou o Minotauro (cunha espada máxica que Ariadna lle dera ou, simplemente, a puñadas). No regreso a Atenas, Teseo abandonou a Ariadna na illa de Día (hoxe, [[Naxos]]).
 
Minos, irado porque Teseo conseguira escapar, encerrou a Dédalo e o seu fillo [[Ícaro]] no labirinto, aínda que logo conseguiron escapar construíndo alas para si mesmos. Porén Ícaro, na súa inconsciencia, aproximouse demasiado ó sol, que derretiu a cera coa que estaban pegadas as alas. Caeu e morreu. Outros din que Teseo, tras matar ó Minotauro, levou a Dédalo a Atenas.