Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
saco marcador "en uso"
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 12:
Pasífae foi ata Dédalo para que buscara a maneira de satisfacer as súas paixóns. Dédalo construíu unha vaca oca de madeira e cubriuna cunha pel de vaca para que Pasífae puidese introducirse dentro e que o touro puidese montar nela. E o resultado desa unión foi o Minotauro.
 
{{cita|[Dédalo] "''construíu unha vaca de madeira con rodas, baleirouna por dentro, recubriuna coa pel dunha vaca que esfolara e, colocándoa no prado onde o touro adoitaba pastar, introducíu dentro dela a Pasífae. Cando o touro chegou xaceu con ela tomñandoatomándoa por unha vaca de verdade. Pasífae pariu a Asterio, denominado Minotauro, que tiña o rostro de touro e o resto humano''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 1, 4)}}
 
Minos estaba avergoñado de semellante criatura, pero ademais era unha criatura salvaxe, polo que Minos consultou co [[Oráculo de Delfos]] e mandou a Dédalo construír un labirinto xigante para contelo de xeito seguro para todos <ref>E. Pottier suxire que este labirinto foi unha copia, en pequeno, do xigantesco labirinto que mandara construír o faraón Amenehat III como palacio e como a súa futura tumba (Benavente e Ferro: ''O libro da vaca'', 1399). Tamén se ten relacionada o mito cos inmensos -e enmarañados- palacios descubertos en [[Cnosos]] e outras cidades.</ref>.