Platón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 232:
==== Crenza verdadeira xustificada ====
Moitos interpretaron a Platón como afirmando que o [[coñecemento]] estaba baseado esencialmente en crenzas verdadeiras xustificadas; unha crenza influente que levou ao desenvolvemento máis adiante da epistemoloxía. No ''[[ Teeteto (diálogo)| Teeteto]]'', Platón distingue entre a crenza e o coñecemento por medio da xustificación. A xustificación é unha explicación racional da crenza. A verdadeira opinión acompañada da razón é o coñecemento.<ref name=":3">{{Cita web|url= https://www.informationphilosopher.com/knowledge/infinite_regress.html |título=Infinite Regress |data-acceso= 20 de xaneiro do 2021|páxina-web=www.informationphilosopher.com}}</ref>
 
Aínda que a "crenza verdadeira xustificada" é a definición filosófica tradicional do coñecemento, os antigos xa eran escépticos desta idea platónica. Os diálogos socráticos normalmente non chegaron a ningunha conclusión positiva; eran "dialéctica negativa".<ref name=":3" /> Anos despois, [[Edmund Gettier]] demostraría os problemas das crenzas verdadeiras xustificadas no contexto do coñecemento. O propio Platón tamén identificou problemas coa definición de ''crenza verdadeira xustificada'' en ''Teeteto'', concluíndo definición de coñecemento é circular.<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://www.scielo.org.pe/scielo.php?script=sci_abstract&pid=S1016-913X2009000100009&lng=es&nrm=iso&tlng=es |título=Plato grammaticus: sobre el concepto platónico de epistēmē en la doctrina del sueńo del Teeteto |apelidos=Mié |nome=Fabián |data=00/2009 |xornal=Areté |volume=21|número=1|páxinas=167–196 |data-acceso=20 de xaneiro do 2021 |lingua=es|issn=1016-913X}}</ref><ref>{{Cita libro |lingua=en|edición=Winter 2013|título=The Stanford Encyclopedia of Philosophy|url=https://plato.stanford.edu/archives/win2013/entries/plato-theaetetus/|editorial=Metaphysics Research Lab, Stanford University |ano=2013|data-acceso=20 de xaneiro do 2021|nome=Timothy |apelidos=Chappell|nome-editor=Edward N.|apelido-editor=Zalta}}</ref>{{Cita|''Entón, Teeteto, a epistēmē non sería nin sensación nin crenza verdadeira nin logos que sobrevén á crenza verdadeira.''|[[Teeteto]], 210a9-b|col2=}}Porque o obxecto de coñecemento debe ser inmodificable, estable e permanente como para lograr a súa definición con claridade. O coñecemento lógrase mediante xuízos sobre conceptos universais e non sobre particulares e só poden ser verdadeiros os xuízos sobre o permanente e estable. Nin a percepción sensible nin a crenza verdadeira poden ser obxecto de coñecemento.<ref>Grandes pensadores "Sócrates y Platón" Editorial Diario de la Nación 2008.</ref> Unha [[regresión infinita]] xurde cando preguntamos cales son as xustificacións polas razóns mesmas.<ref name=":3" />
 
=== O Mundo das Ideas ===