Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
en uso
Liña 1:
{{en uso}}
Na [[mitoloxía grega]], o '''Minotauro''' era unha criatura con corpo de [[humano|home]] e cabeza de [[vaca|boi]]. El vivía no [[Labirinto]] elaborado e construído polo rei [[Minos]] de [[illa de Creta|Creta]]. O labirinto fora deseñado polo arquitecto [[Dédalo]] para manter ao Minotauro. Finalmente o Minotauro foi morto por [[Teseo]].
 
Liña 5 ⟶ 6:
[[Ficheiro:Minotaur.jpg|miniatura|dereita|Teseo batalla co Minotauro]]
 
== A Historiahistoria ==
 
Antes de se tornar rei, Minos pediu ao deus grego [[Poseidón]] un sinal, para asegurarlle que el, e non seu irmán, asumiría o trono. Poseidón concordou en enviar un touro branco coa condición de que Minos sacrificaría o touro de volta ao deus. De feito, un touro, de inconmensurábel beleza, saíu inexplicabelmente do mar. O rei Minos, despois de velo, achouno tan belo que, no canto del, sacrificou outro touro, esperando que Poseidón non o notase. Poseidón ficou bastante furioso cando se decatou do que fixera, entón el fixo con que a muller de Minos, [[Pasífae]], fose dominada por unha [[loucura]] en que ela se apaixonou polo touro. Pasífae foi ata [[Dédalo]] en busca de asistencia, e inventou unha maneira de satisfacer as súas paixóns. El construíu unha vaca oca de madeira e cubriu a Pasífae coa pel de vaca para que o touro puidese montar nela. O resultado desa unión foi o Minotauro. Nalgunhas consideracións, o touro branco tornouse o [[Touro de Creta]], capturado por [[Heracles]] nun dos seus [[Os Doce Traballos de Heracles|traballos]].