Platón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 170:
 
Aquí hai un grao de coñecemento superior ao anterior xa que versa xa sobre un obxecto mesmo e non sobre unha imaxe deste. As diversas artes produtoras por exemplo a carpintería, encaixarían aquí perfectamente: o carpinteiro sabe máis en relación coa mesa que o pintor que a representa nun lenzo porque a este bástalle cunha mera aparencia verosímil da mesa, mentres que o carpinteiro ha de fabricar unha mesa "real".<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20131004214050/http://filo.filex.es/index.php?option=com_content&view=article&id=24&Itemid=32|título=Platón y el Mundo de las Ideas|data-acceso= 20 de xaneiro do 2021|data=4 de outubro de 2013|páxina-web=web.archive.org}}</ref>
 
'''Coñecemento intelixible (''Episteme'')'''
 
A ''[[episteme]]'' (ciencia) é o verdadeiro coñecemento, que vén da verdadeira realidade inmutable das ideas.<ref>{{Cita libro|título=Obras completas|url=https://books.google.es/books?id=xrjfEazrX0QC&pg=PA13&dq=episteme+platon&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwi_tb3CtqvkAhWvzoUKHcvbBdcQ6AEIQzAE#v=onepage&q=episteme%20platon&f=false|editorial=Anthropos Editorial|ano=1996|data-acceso= 20 de xaneiro do 2021|isbn=9788476584996|idioma=es|nome=Manuel |apelidos=García Morente}}</ref> Ten como obxecto a realidade [[Linguas mutuamente intelixibles|intelixible]], o ser perfecto e inmutable: as ideas. Tamén aquí hai dous graos:
 
*'''Coñecemento discursivo (''Diánoia'')'''
 
Como exemplo de [[diánoia]] (en [[lingua grega|griego]], ''διάνοια''), Platón pensa na [[aritmética]] ou na [[xeometría]]. En ambas partese sempre de hipóteses ou presuposicións e necesítase (pensa Platón) de símbolos sensibles. A matemática procede segundo un tipo de razoamento que poderiamos denominar "hipotético-deductivo", é dicir, vaise da hipótese á conclusión mediante dedución.
 
*'''Coñecemento ou intelixencia pura (''Nous'')'''
 
A superación da diánoia alcánzase na [[dialéctica]] considerada como a "culminación de todas as ciencias". Este trátase en supoñer o que queremos e discutir esa tese mediante un diálogo introspectivo ou con outra persoa.<ref>{{Cita libro|título=Obras completas|url=https://books.google.es/books?id=xrjfEazrX0QC&pg=PA13&dq=episteme+platon&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwi_tb3CtqvkAhWvzoUKHcvbBdcQ6AEIQzAE#v=onepage&q=episteme%20dialectica&f=false|editorial=Anthropos Editorial |ano=1996|data-acceso= 20 de xaneiro do 2021|isbn=9788476584996|idioma=es|nome=Manuel |apelidos=García Morente}}</ref> Só ela é capaz de cancelar o carácter meramente hipotético dos principios utilizados nas restantes disciplinas, ao dar razón deles e xustificalos racionalmente. Para conseguilo, a dialéctica ten que remontarse a un principio non hipotético desde o que poida deducir a maneira de consecuencias todo o demais. É claro que este principio non hipotético, obxecto da dialéctica, non é outro que a [[idea do ben]]. Mediante ela alcánzase o coñecemento da estrutura relacional das ideas, e en último termo, o coñecemento da verdade suprema, condición (fundamento) das propias ideas e, por tanto, tamén do mundo sensible: a idea do ben.<ref>{{Cita web|url=https://filosofia.laguia2000.com/filosofia-griega/platon-y-el-bien|título=Platón y la idea del Bien {{!}} La guía de Filosofía|data-acceso= 20 de xaneiro do 2021|páxina-web=filosofia.laguia2000.com}}</ref>
 
=== O Mundo das Ideas ===