Ángel Míguez: Diferenzas entre revisións

funcionario e xornalista galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Biografía}} '''Ángel Míguez González''', nado en Tui e finado na Coruña o 18 de setembro de 1961,<ref>''La Voz de Galicia'', 19-9-1961, p. 6.</ref..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2021 ás 19:51

Ángel Míguez González, nado en Tui e finado na Coruña o 18 de setembro de 1961,[1] foi un funcionario e xornalista galego.

Infotaula de personaÁngel Míguez
Biografía
NacementoTui, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , xornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Matilda Míguez González. Foi funcionario da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra. Foi redactor de La Libertad e formou parte da comisión organizadora do Partido Republicano Radical de Pontevedra,[2] foi redactor de El Diario de Pontevedra e colaborou en Progreso. Na Segunda República foi director de La Idea. Pasou a residir na Coruña cando foi nomeado xefe de Negociado da Xefatura de Obras Públicas da Coruña.

Vida persoal

Casou en Pontevedra con Carmen Tapia Pazos en 1906,[3] e foi pai de Enrique, Matilde e Eduardo Míguez Tapia. A súa muller Carmen Tapia finou en 1923,[4] e Ángel volveu casar na Coruña con Concepción de la Iglesia Pardo o 3 de novembro de 1933.[5]

Notas

  1. La Voz de Galicia, 19-9-1961, p. 6.
  2. La Libertad, 9-11-1913, p. 1.
  3. El Diario de Pontevedra, 23-3-1906, p. 2.
  4. El Progreso, 8-4-1923, p. 3.
  5. La Voz de Galicia, 4-11-1933, p. 2.