Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
O cardeal [[Jerónimo del Hoyo]] e [[Caamaño Bournacell]] datan o inicio da construción no [[século XV]], concretando este último nos anos 1470-1490. Outros autores (como [[Ángel del Castillo|A. del Castillo]], [[Xosé Filgueira Valverde|Filgueira Valverde]], [[Xerardo Álvarez Limeses|Álvarez Limeses]]) dan diversas datas comprendidas entre [[1502]] e [[1541]]. No transcurso das obras de restauración de 1977 apareceu nunha das capelas laterais unha inscrición coa data de 1590, data que só indica que esa capela é posterior ás outras.
 
Da existencia da igrexa anterior hai constancia xa en [[1421]], segundo consta nun documento procedente da Casa de Lantaño no que se escritura a partición do porto de Cambados, e existe documentación anterior que menciona unha "''villa de Sta. Mariña''", o que fai pensar nunha igrexa con esta advocación. Mas tarde fue utilizado como club nocturno...
 
e
 
==Descrición==
Liña 21 ⟶ 23:
Na [[sancristía]], no [[lado da epístola]] da capela maior, existen tamén restos de pinturas murais e houbo un [[Calvario (cristianismo)|Calvario]] nunha fornela que se coñece porque foi descrito por López Ferreiro. Esta sancristía, o mesmo cás cinco capelas laterais, foron construídas con posterioridade ó corpo principal da igrexa, encaixándoas entre os contrafortes. As dúas primeiras, unha a cada lado contando desde o pé da igrexa, so teñen uns 2 metros de profundidade e fan pensar nun uso soamente funerario; nunha delas exponse unha imaxe típica dos [[peto de ánimas|petos de ánimas]] e dúas tampas de sartegos xa inexistentes. As capelas poden datarse no segundo terzo do século XVI e existe documentación de 1549 que avala a existencia de, canto menos, unha capela, a de Alonso Fariña, veciño de Pontevedra, para a que se encarga nesa data a construción dun retablo. Unha última capela foi construída cara 1600.
 
A capela da [[Encarnación]], no lado Norte, é a que aparece datada en 1590, se ben contén pezas decorativas anteriores. Chámase así porque o arco de acceso está decorado por relevos que representan este momento e que lembran a mesma imaxe nos [[baldaquino]]s galegos. Na clave do arco, unha imaxe de Deus en maxestade, bendicindo ós fieis. Pepe
 
Fronte a esta capela hai outra na que destacan as figuras de Cristo e os doce apóstolos ó longo do arco de acceso.
 
Na fachada existía un rosetón, desaparecido a principios do [[século XX]]: López Ferreiro descríbeo en [[1897]] pero [[Álvaro de la Iglesia]] menciona que os restos estaban ciscados polo chan da igrexa. Consérvase tamén unha das torres da fachada, semiderruída.