Conversa:Mary Quintero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2021 ás 09:53

Mary Quintero a primeira galega en abrir un estudio fotográfico co seu nome?

Bos días. Incluín un aviso para solicitar referencia á afirmación de que Mary Quintero foi a primeira muller en contar cun estudio fotográfico co seu nome en Galicia. Antes dela acho que houbo moitas outras. Por citar algunhas, temos a María Cardarelly (nada en Zaragoza, pero que viviu a meirande parte da súa vida en Galicia e, polo tanto, cabe considerala galega), Juana Cabello (nada en Zaragoza, mais falecida en Santiago), Antonia Santos (mindoniense) e Filomena Díaz (tamén mindoniense) son as que o fixeron xa no século XIX. Velaí están os seus cartóns fotográficos como testemuño disto. Xa non falo doutras que, por desgraza, non puideron empregar o seu nome (caso de Cándida Otero) ou, aínda tendo a responsabilidade do seu propio estudio, puxéronlle outro nome comercial. Sobre algunhas delas pódense consultar datos tanto na obra en liña de Fernanda Padín (Fotógrafas Pioneiras) como a que eu teño publicada (a última, un artigo en Sermos Galiza hai un ano sobre as fotógrafas galegas históricas titulado "O efecto Matilda na fotografía galega"). Non sei quen puido dicir que Mary Quintero foi a primeira e gustaríame sabelo para entender concretamente a que se refire, porque talvez se me estea a escapar algo. Saúdos e bo traballo--Castelao (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 09:53 (UTC)Responder

Volver á páxina "Mary Quintero".