Mary Quintero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Cómpre referencia á afirmación de que Mary Quintero «foi a primeira muller galega (...) en abrir un estudo co seu nome». Outros arranxos.
Liña 1:
{{Biografía}}
'''María del Carmen Quintero Corredoira''', máis coñecida como '''Mary Quintero''', nada en [[Melide]] ([[A Coruña]]) o 9 de novembro de 1931, é unha das pioneiras da [[fotografía]] profesional en [[Galicia]]. Foi a primeira muller galega en realizar unha exposición fotográfica nunha sala, en abrir un estudo co seu nome{{cómpre referencia}} e en aplicar cor ás imaxes en branco e negro.
 
== Traxectoria ==
 
=== Inicios e primeiras exposicións ===
Mary Quintero iniciouse no campo da fotografía co seu pai Aurelio Quintero e a súa nai Amadora Corredoira. O seu pai tiña un estudo en Melide e tamén facía [[fotografía minutera|fotografía minuteira]] no exterior. A súa nai encargábase do retocado das fotos. No ano 1940 a familia desprazouse a [[Lugo]] e abriron un estudo chamado ''Fotografía Quintero.'' Aos nove anos, Mary Quintero ingresou nunha academia para estudar piano e pintura, formándose na composición, a luz e a cor. Mentres, no estudo fotográfico familiar, daba cor e retocaba fotografías dun xeito lúdico. Aos catorce anos, marchou a Madrid a estudar co fotógrafo Pedro Jaraba, con quen aprendeu a perfeccionar a técnica do retoque e da pintura con cores transparentes. Ademais, matriculouse nunha escola para estudiantes de arquitectura, onde estudiou co pintor Carlos Pascual de Lara para mellorar a técnica do debuxo.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Mary Quintero : retratista desde os 15 anos|url=https://www.worldcat.org/oclc/933227790|lugar=Vigo|ISBN=978-84-9914-937-0|OCLC=933227790|apelidos=Padín, Fernanda,|nome=|editorial=|ano=|ref=}}</ref>
Liña 14 ⟶ 13:
 
=== Establecemento en Vigo ===
 
En 1954, debido ao aumento do traballo en Vigo, Mary trasladouse co seu marido e o seu fillo José Manuel a vivir nesta cidade, onde naceron despois o seu fillo Carlos e as súas fillas María e Marta. Co fin de combinar o traballo doméstico co profesional, alugaron un piso o suficientemente grande para cumprir a dobre función de fogar e estudo fotográfico. Mary Quintero instalouse no número 32 da rúa Urzaiz e co tempo chegou a ter ata once empregados, aínda que o seu equipo de traballo até a súa xubilación estivo formado por catro mulleres: Ana, María Jesús e Marilí, e anos máis tarde, a súa filla María.<ref name=":0" />
 
Liña 37 ⟶ 35:
 
== Publicacións ==
* Quintero, Mary. ''Álbum de carnaval.'' Madrid: Grupo foto, 1987. ISBN 84-404-0487-5
 
*Quintero, Mary. ''Álbum de carnaval.'' Madrid: Grupo foto, 1987. ISBN 84-404-0487-5
* Quintero, Mary. ''Así os viu a súa cámara''. Vigo: Concellería de Cultura, Educación e Muller, 1995. ISBN 84-87637-29-9. (Catálogo da exposición presentada na Casa das Artes en Vigo en 1994).
* En novembro de 2015 presentouse en Vigo o libro ''Mary Quintero, retratista desde os 15 anos'', con textos de Fernanda Padín e editado por Edicións Xerais de Galicia. O libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, con datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa.<ref>{{Cita web|título=‘Soy una enamorada del digital, aunque la primera vez que lo usé me parecía imposible que saliese algo’|url=https://www.atlantico.net/articulo/cultura/soy-enamorada-digital-primera-vez-use-parecia-imposible-saliese-algo/20151114013121500842.html|páxina-web=Atlántico|data=2015-11-14|data-acceso=2021-01-18|lingua=es|apelidos=}}</ref>ISBN 978-84-9914-937-0
 
== Recoñecementos ==
Ao longo da súa vida profesional, Mary Quintero recibiu numerosos premios e homenaxes<ref name=":0" />:
* 1981. Premio "Mellor Fotógrafo de España", outorgado no II Congreso Nacional de Fotografía celebrado en Oviedo.
* 1981. Granada de Ouro da asociación Profesional Andaluza.<ref name=":4">{{Cita libro|título=Así os viu a súa cámara : [exposición]|url=https://www.worldcat.org/oclc/431272460|editorial=[Concellería de Cultura, Educación e Muller]|data=[1995]|lugar=Vigo|ISBN=84-87637-29-9|OCLC=431272460|apelidos=Quintero |nome=Mary}}</ref>
* 1981. Homenaxe na Coruña dos fotógrafos galegos.<ref name=":4" />
* 1984. Medalla Meritxell do Principado de Andorra.<ref name=":4" />
* 1985. Premio "Máster de popularidade", entregado por [[Pepe Domingo Castaño]] e [[Julia Otero]] no trascurso dunha cea.
* 1986. Premio "La novia de año Kodak " patrocinado por Kodak e Pronovias.
* 1988. Premio "libro del Año" de imaxes polo seu libro ''Álbum de carnaval.''
* 1990. Óscar do ano por ser elixida a Fotógrafa máis Popular de España nunha enquisa realizada pola revista especializada, Foto/VENTAS a fotógrafos profesionais españois.
* 1991. Representación de España para asistir a unha conferencia a petición da Oficina Cultural Soviética.
* 1994. [[Vigués distinguido|Premio "Viguesa Distinguida"]], outorgado polo Concello de Vigo.
* 1998. Homenaxe da Asociación de Fotógrafos da provincia de Pontevedra, no marco das IX Xornadas Galegas de Fotografía.
* 2001. Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla.
* 2002. Medalla de Bronce de Galicia, outorgada pola Xunta de Galicia.<ref>{{Cita web|título=Medallas de Galicia. 2002 - Xunta de Galicia|url=https://www.xunta.gal/medallas-de-galicia/2002#Introducion|páxina-web=www.xunta.gal|data-acceso=2021-01-18}}</ref>
* 2004. Homenaxe pola súa traxectoria fotográfica no 1º salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo "Atlantimag", na Feira Internacional de Galicia de Silleda.
* 2005. Elixida Profesional do ano (Óscar 2005) pola revista Foto Ventas dixital.
* 2006. Medalla de Ouro da Comunidade Valenciana como homenaxe a toda a súa carreira.
* 2011. O Concello de Monterroso asignoulle o seu nome a unha rúa.<ref>{{Cita web|título=Cinco calles de Monterroso cambiarán de nombre en un acto convocado para el día 29|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2011/04/26/cinco-calles-monterroso-cambiaran-nombre-acto-convocado-dia-29/0003_201104L26C10995.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2011-04-26|data-acceso=2021-01-18|lingua=es}}</ref>
* 2013. O [[Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo|Centro de documentación e recursos feministas de Vigo]] invitouna a participar nun ciclo de charlas titulado "Historias vividas e contadas polas súas protagonistas" para homenaxear a mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo.<ref>{{Cita web|título=Nova charla de "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas|url=https://xornal.vigo.org/noticias/18581-nova-charla-de-quothistorias-vividas-e-contadas-polas-suacuteas-protagonistas|páxina-web=xornal.vigo.org|data-acceso=2021-01-17|lingua=gl}}</ref>
* 2013. A Agrupación Fotográfica Galega rendiulle unha homenaxe inaugurando un ciclo de conferencias coa súa presenza.<ref>{{Cita web|título=Mary Quintero, pintando fotografías|url=https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/03/21/mary-quintero-pintando-fotografias-17500452.html|páxina-web=Faro de Vigo|data=2013-03-21|data-acceso=2021-01-18|lingua=es|apelidos=}}</ref>
* 2015. A Deputación da Coruña recoñeceuna como "Fotógrafa histórica", destacándoa como a primeira muller galega que expuxo fotografía nunha sala e en abrir un estudo co seu nome. Deste xeito, Quintero converteuse na primeira muller en recibir este nomeamento que ata ese momento só recaera en artistas homes como [[Manuel Ferrol]], [[Ramón Caamaño]], [[Tino Quián]], [[Alberto Martí]], [[Virxilio Viéitez|Virxílio Viéitez]] ou [[Manuel Blanco fotografo|Manuel Blanco]], entre outros.<ref>{{Cita web|título=Mary Quintero entra en la estela de los fotógrafos históricos gallegos|url=https://www.farodevigo.es/sociedad/2015/10/24/mary-quintero-entra-estela-fotografos-16787820.html|páxina-web=Faro de Vigo|data=2015-10-24|data-acceso=2021-01-18|lingua=es}}</ref>
* 2015. A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (CCG) organizou unha xornada titulada "A luz que alumea a vida" para visibilizar e homenaxear o seu legado.<ref>{{Cita web|título=O traballo fotográfico de Mary Quintero centra unha xornada do Consello da Cultura Galega|url=http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=4307&tipo=noticia|editorial=Consello da Cultura Galega|data-acceso=2021-01-18|lingua=en-US}}</ref>
* 2015. Homenaxe en Mondariz Balneario organizada por amizades, colaboradores e compañeiros.<ref>{{Cita web|título=Colaboradores y compañeros se unen en un homenaje a Mary Quintero|url=https://www.farodevigo.es/sociedad/2015/11/13/colaboradores-companeros-unen-homenaje-mary-16772700.html|páxina-web=Faro de Vigo|data=2015-11-13|data-acceso=2021-01-18|lingua=es}}</ref>
* 2017. Premio Empresarias Galicia, outorgado pola Asociación Empresarias Galicia<ref>{{Cita web|título=Mary Quintero, premio Empresarias Galicia|url=https://www.atlantico.net/articulo/economia/mary-quintero-premio-empresarias-galicia/20171018002158613232.html|xornal=Atlántico Diario|data=2017-10-18|data-acceso=2021-01-17|lingua=es|autor=Redacción}}</ref>
 
== Notas ==
Liña 72 ⟶ 69:
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* Torres Díaz, Francisco (1999). ''Crónica de un siglo de fotografía en España 1900-2000''. Barcelona, FOPREN. ISBN 9788460597636
 
Liña 81 ⟶ 76:
* [https://www.youtube.com/watch?v=twTv3XyYXxc&t=1825s María Quintero entrevista a Mary Quintero no marco da actividade Historias vividas e contadas polas súas protagonistas], organizadas polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Vigo, 17 de abril de 2013 (CCG xornada Mary Quintero, a luz que alumea a vida. Santiago de Compostela, 2015), no [[YouTube|Youtube]]. Canal Consello da Cultura Galega
* [http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/mary-quintero-galicia-film-forum-ivan-prieto-carlos-puga Entrevista a Mary Quintero], programa Zigzag Diario, Televisión de Galicia, 2015 (minuto 14:9)
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Fotógrafos de Galicia]]
[[Categoría:Nados en 1931]]