Glauco (fillo de Minos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 4:
'''Glauco''' foi un personaxe da [[mitoloxía grega]], fillo de [[Minos]] (rei de [[illa de Creta|Creta]]) e de [[Pasífae]].
 
Cando era meniño e mentres perseguía un [[rato doméstico|rato]], caeu nun cántaro de [[mel]] e afogou. Os adiviños (ou quizais o mesmo [[Apolo]]) deron con el e Minos puido recuperar o corpo. Os [[Curetes]], que posuían dotes adiviñatorias, dixéronlle que aquel home quequen mellor soubese describir a cor dunha das [[vaca]]s dos seus rabaños podería devolverlle vivo o fillo. Esta vaca <ref>NoutrasSegundo fontesHixino era ununha becerrobecerra acabado de nacer no seu rabaño.</ref> tiña a particularidade de cambiar de cor tres veces ó día: á mañá era branca, logo vermella e á fin do día, negra. E ó día seguinte repetíase o cambio.
 
Tras consultar inutilmente ós homes máis sabios do reino, só un [[Poliido]] (ou Polyidos) soubo explicar o cambio de cor: a vaca tiña a cor das [[amora]]s, que comezan sendo brancas, vólvense vermellas ó madurecer e terminan sendo completamente negras <ref>Segundo Pseudo-Apolodoro, foi o propio Poliido que soubo onde estaba o corpo do meniño (''Biblioteca mitolóxica'' III, 3, 1).</ref>.
 
[[Ficheiro:Blackberry fruits05.jpg|miniatura|300px|esquerda|Amoras en distinto grao de madureza]]
 
Minos, seguindo o consello dos Curetes, díxolle que devolvese a vida ó seu fillo Glauco. Como Poliido contestase que non podía facer tal cousa, Minos encerrouno nunha cela co cadáver. Poliido non sabía que facer, pero observou que entraba unha [[serpe|cóbrega]] e que ía cara Glauco, polo que a matou cunha pedra, co medo de que lle fixera algún mal ó cadáver. Ó pouco entrou outra cobra que, ó ver a primeira morta, volveu saír e entrou de novo portando unha herbiña na boca. A segunda serpe tocou coa herba o corpo da serpe morta e esta revivece inmediatamente. Entón, Poliido colleu axiña a herba e fregou con ela o cadáver de Glauco, que axiña volveu á vida <ref>Grimal recolle outra versión do mito na que no foi Glauco senón [[Asclepio]] que o devolveu á vida (Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 10, 3).</ref>.
 
Comprendendo a importancia de Poliido, Minos prohibiulle abandonar Creta ata ensinar a Glauco todo o que sabía. Poliido ensinouno e dispúxose a volver á súa patria [[Argos, Grecia|Argos]], pero no último momento pediu a Glauco que lle cuspise na boca. Glauco fíxoo e deste xeito devolveulle todo o que aprendera del. Ou ben foi el quen cuspiu na boca de Glauco, de modo que este esqueceu todo o aprendido.
 
{{cita|"''Poliido... colocou a mesma herba sobre o corpo de Glauco e fíxoo revivir. Cando Minos recuperou ó meniño, non permitiu a Poliido marchar a Argos sen que antes lle ensinase a Glauco a arte da adiviñación y Poliido, forzado a facelo, ensinoulla. Pero cando estaba a piques de zarpar ordenoulle a Glauco cuspir na súa boca; ó facelo así Glauco esqueceu a arte da adiviñación''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 3, 1-2)}}
 
== Notas ==
Liña 24 ⟶ 25:
* [[Pedro Benavente|BENAVENTE JAREÑO, P.]] e [[Xesús Ferro Ruibal|FERRO RUIBAL, X.]]: ''O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún''. Xunta de Galicia, 2010, pp. 105-106.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[HIXINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].