Glauco (fillo de Minos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Sotades-Maler 001.jpg|miniatura|300px|Glauco (á dereita)}}
 
'''Glauco''' foi un personaxe da [[mitoloxía grega]], fillo de [[Minos]] (rei de [[illa de Creta|Creta]]) e de [[Pasífae]].
Liña 9 ⟶ 10:
Minos, seguindo o consello dos Curetes, díxolle que devolvese a vida ó seu fillo Glauco. Como Poliido contestase que non podía facer tal cousa, Minos encerrouno nunha cvvela co cadáver. Poliido non sabía que facer, pero observou que entraba unha serpe e que ía cara Glauco, polo que a matou. Ó pouco entrou outra serpe que, ó ver a primeira morta, volveu saír e entrou de novo portando unha herbiña na boca. A segunda serpe tocou coa herba o corpo da serpe morta e esta resucitou inmediatamente. Entón, Poliido colleu axiña a herba e fregou con ela o cadáver de Glauco, que axiña volveu á vida.
 
Comprendendo a importancia de Poliido, Minos prohibiulle abandonar Creta ata ensinar a Glauco todo o que sabía. Poliido ensinouno e dispúxose a partir, pero no último momento pediu a Glauco que lle cuspise na boca. Glauco fíxoo e deste xeito devolveulle todo o que aprendera del.