Luis Antonio de Vega: Diferenzas entre revisións

escritor e arabista español
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2021 ás 21:04

Luis Antonio de Vega y Rubio, nado en Bilbao o 24 de maio de 1900 e finado en Madrid en 1977, foi un escritor, xornalista e gastrónomo español.[1]

Infotaula de personaLuis Antonio de Vega
Biografía
Nacemento(es) Luis Antonio de Vega y Rubio Editar o valor em Wikidata
24 de maio de 1900
Bilbao
Morte1977
Madrid
Datos persoais
ResidenciaLarache
Donostia
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeespañola
EducaciónEscola Normal de Bilbao
Actividade
OcupaciónEscritor, xornalista e gastrónomo
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

De Vega fixo os seus estudos primarios en dúas escolas públicas. Finalizada a ensinanza elemental, estudiou contabilidade. Durante a súa infancia acostumaba pasar os períodos de vacacións escolares en Castrojeriz (Burgos), de onde era natural seu pai, ou en Durango, Biscaia, cos parentes da súa nai. Matriculouse na Escola Normal de Bilbao, onde cursou a carreira de Maxisterio.[1]

Pasou os primeiros 24 anos da súa vida en Bilbao. Foi un grande observador de canto ocorría ao seu redor, que logo trasladaría aos seus libros, sobre todo aspectos gastronómicos. Lembranzas daquelas épocas quedaron plasmadas na súas novelas Primavera en Castilla, Como las algas muertas e Las milloneras.[1]

En 1925 marchou a Larache (Marrocos). Daquela xa escribira numerosos textos, en prosa e en verso. Enganchado xa na literatura, decantouse poa estética do modernismo e o exotismo.[1]

En 1937 fundou en San Sebastián o semanario Domingo, cuxo nº 1 publicouse o 21 de febreiro de 1937, pasando, a partir do 2 de xullo dese ano a publicarse en Madrid. O último número que se publicou foi o 1496, o 24 de outubro de 1965.[2] O resto da vida de Luis Antonio de Vega transcorren en Madrid. Unha das súas obras foi La tragedia de las Hurdes, resultado da súa experiencia profesional, cando o xornal El Pueblo Vasco enviouno a esa zona para que informara sobre a viaxe do rei Afonso XIII a aquela comarca. Obtivo o Premio Pedro Antonio de Alarcón polar súa novela El amor de la sota de espadas, ambientada no Bilbao de 1920.[1]

Gran afeccionado á gastronomía escribiu tamén diversos textos sobre viaxes e gastronomía, entre os que destaca Viaje por la cocina española e a súa Guía vinícola de España, ademais de folletos propagandísticos e artigos sobre o tema en diversas publicacións turísticas.[1]

Notas