Joaquín Vaamonde Cornide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
==Traxectoria==
Iniciouse no mundo da [[pintura]] da man do pintor [[Santiago de Compostela|compostelán]] [[Modesto Brocos]], e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a [[Montevideo]] e [[Buenos Aires]].<ref>{{Cita libro |ligazónautor=Francisco Pablos |apelidos={{Versaleta|Pablos}} |nome=Francisco |título=A pintura en Galicia - La pintura en Galicia |páxina=49 |ano=2003 }}</ref> Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do [[século XIX]] conseguira facerse cun nome en [[Madrid]], en parte grazas á influencia na cidade da escritora [[Emilia Pardo Bazán]] que naquel tempo triunfaba na [[literatura española]] como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de ''[[La Quimera]]'', onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no [[Museo do Prado]]. Aos 32 anos de idade morre debido á [[tuberculose]].
[[Ficheiro:Joaquín Vaamonde Cornide, 18941896, Museo de Pontevedra.jpg|miniatura|Vaamonde en 18941896.]]
Na actualidade atópase no [[Museo de Belas Artes da Coruña]] a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de [[Ramón Pérez Costales]] (promotor da [[Real Academia Galega]] xunto a Pardo Bazán).