Eros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
Psique, sen o seu amor, vagou polo mundo adiante, ata que a capturou Afrodita, indignada pola súa beleza, que a encerrou e atormentou. Obrigouna a descender ó Hades e pedirlle a [[Perséfone]] un frasco de ''Xuvencia'', a fonte da eterna xuventude, que non podía abrir de ningún xeito. Pero Psique abriu o frasco e caeu profundamente dormida.
 
Eros, pola súa banda, era incapaz de esquecer a Psique, e ó vela así dormida foi voando cara ela e despertouna dun frechazo (ou cun bico, segundo Carmona). Logo pediulle a Zeus poder casar con ela e Zeus aceptou, e casaron. Xa que logo, Afrodita reconciliouse con ela.
 
=== Iconografía ===
É representado normalmente -e como consecuencia da descrición dos poetas- como un neno pequeno (gordecho e de dourados rizos) ou adolescente, que adoita acompañar a [[Afrodita]] nas súas aventuras. Tamén se lle representa con alas, aínda que non sempre, e portando o arco e mailas frechas (os seus atributos característicos), que utiliza para sementa-lo amor (se usa as súas frechas de punta de ouro) e o desamor (se usa, polo contrario, as de punta de chumbo) tanto entre humanos coma nos deuses.
 
Outros atributos que o identifican son a venda sobre os ollos, que aparece no [[Renacemento]], e que significa que fai perder a razón e a prudencia a quen dispara as súas frechas. Outras veces porta fachos, que simbolizan que é quen de encenderacender o amor. Pode representarse tamén como erotes ou ''amorcillos'', portando fachos, pombas (que significan fecundidade), lazos e xugos (que significan as ataduras do matrimonio).
 
== Notas ==
Liña 38:
=== Bibliografía ===
* CARMONA MUELA, Juan: ''Iconografía clásica. Guía básica para estudiantes''. Akal/Istmo, 5ª ed, 3ª reimpr. 2018.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981, s. v. ''Eros'' e ''Psique''.
* [[Hesíodo|HESÍODO]]: ''[[Teogonía|Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen]]'', Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* Hesíodo. ''[http://campus.usal.es/~licesio/L_M_V/Hesiodo_Teogonia.pdf Teogonía]''. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.