Club de Fútbol Noia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 42:
O 27 de xuño de 2015 logrou o ascenso a [[Terceira división española|Terceira División]] tras a promoción do [[Pontevedra CF]] a [[Segunda División B]]. O Noia viña de vencer a eliminatoria entre os terceiros clasificados da [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], quedando unha praza libre na categoría co ascenso do club pontevedrés.
 
Ese mesmo ano, con [[Yago Iglesias como adestrador]], non foi quen de manter a categoría e regresou a [[Preferente Galicia|Preferente]] tras obter un 19º posto. Coa marcha do técnico ribeirense á [[Sociedade Deportiva Compostela]], o conxunto noiés decidiu contar con Luís Bonilla á fronte do equipo. Tras unha tampada impecable os noieses conseguían o 30 de abril de 2017 o título de campións da Preferente Norte, ademais do ascenso directo a [[Terceira división española de fútbol|Terceira División]] a falta de catro xornadas da fin da competición.
 
Logo de obter o primeiro posto, o Noia enfrontouse ao [[Club Deportivo Cultural Areas]] na final de campións polo título absoluto da Preferente. O partido, que tivo lugar no campo de O Vao, rematou con vitoria por 2-0 para os de Ponteareas.