Mulleres nas Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎1886-1890: Introducir imaxes
Liña 154:
A inglesa '''[[Charlotte Angas Scott]]''' (1858-1931) supón un punto de inflexión na relación das mulleres e as matemáticas. Loitou en Cambridge para conseguir permiso, en 1880, para presentarse ao exame, “''Tripos''”, que outorgaba a titulación de matemáticas. Conseguiu graduarse en Matemáticas en Cambridge –aínda que non se lle permitiu participar na cerimonia de gradación, o que lle impediu asistir en directo ao boicot que realizaron os seus compañeiros para protestar pola súa ausencia−, e ademais non só conseguiu o “permiso” para ela senón que logrou que a partir de aí outras mulleres puideran facelo. Posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional nos Estados Unidos como profesora nunha universidade feminina, na que sempre defendeu un nivel de exixencia igual ao que tiñan as mellores universidades masculinas; aparte de ser editora dunha das mellores revistas científicas  “''American Journal of Mathematics''” desde os seus inicios, así como ser a primeira muller en formar parte da Sociedade matemática americana.<ref>{{Cita web|título=Charlotte Angas Scott “amaba las palabras” Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/06/10/charlotte-angas-scott-amaba-las-palabras/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-06-10|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Esta muller inicia unha saga de mulleres matemáticas que a partir do século XX se ocuparon de facilitar a carreira científica das súas discípulas e colegas. Aproveitando a “porta” aberta por Scott, 10 anos máis tarde outra muller, '''[[Philippa Garrett Fawcett]]''' (1868-1948), conseguiu ser a número un da súa promoción, o que lle permitiu iniciar a súa carreira profesional na propia Universidade de Cambridge, aínda que logo re-encamiñara a súa carreira cara postos de xestión da educación.<ref>{{Cita web|título=La mujer que superó a los hombres en matemáticas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/08/03/la-mujer-que-supero-a-los-hombres-en-matematicas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-08-03|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Maria Mitchell portrait.jpg|alt=Retrato de Maria Mitchell|miniatura|Maria Mitchell]]
Tamén na segunda metade do século XIX destaca '''[[Maria Mitchell]]''' (1818-1889), primeira muller dedicada profesionalmente á astronomía en Estados Unidos e terceira muller en descubrir un [[cometa]], o primeiro de outubro de 1847, ao que puxeron o seu nome, "Miss Mitchell's Comet", polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico VII de Dinamarca.<ref>{{Cita web|título=María Mitchell|url=https://www.astronomia-iniciacion.com/maria-mitchell.html|páxina-web=astronomia-iniciacion.com|data-acceso=2021-01-15|lingua=es}}</ref> Ensinou astronomía a mulleres no ''Vassar College'' e participó en la fundación de la Asociación Americá para o Avance das Mulleres.<ref>{{Cita web|título=Maria Mitchell, la profesora de astronomía que con 14 años guiaba a los barcos balleneros Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2018/09/06/maria-mitchell-la-profesora-de-astronomia-que-con-14-anos-guiaba-a-los-barcos-balleneros/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2018-09-06|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> E a finais do século XIX un grupo de 13 mulleres, coñecidas hoxe como "as calculadoras de Harvard", dedicáronse a contar e clasificar estrelas no Observatorio. Realizaban un traballo tedioso e mecánico que, sen embargo, “axudou a sentar as bases da astrofísica moderna”. Traballaron ás ordes do astrónomo E. Charles Pickering (1846-1919). A súa labor consistía en arquivar e catalogar a inmensa colección de fotografías de estrelas do [[Observatorio de Harvard]]. Tratábase dunha man de obra barata para realizar unha labor que precisaba de gran paciencia e unha considerable capacidade de observación.<ref>{{Cita web|título=La asombrosa historia de las calculadoras de Harvard|url=https://blogs.20minutos.es/xx-siglos/2016/11/16/la-asombrosa-historia-de-las-calculadoras-de-harvard/|data-acceso=2021-01-10|lingua=es-ES|nome=Dice ser|apelidos=Parr|apelidos2=a}}</ref>
[[Ficheiro:Astronomer Edward Charles Pickering's Harvard computers.jpg|alt=Grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard: Henrietta Swan Leavitt, Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, e Antonia Maury.|esquerda|miniatura|289x289px|Astrónomas do Observatorio de Harvard. Entre elas Henrietta Swan Leavitt, Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, e Antonia Maury.]]
Entre elas a apenas coñecida '''[[Williamina Fleming]]''' (1857 - 1911) desempeñou un papel crucial. Despois de traballar como criada na casa de [[Edward Charles Pickering|Pickering]], este a contratou para realizar tarefas administrativas e cálculos matemáticos. A súa eficacia fixo que o astrónomo confiara nela para custodiar o arquivo fotográfico do Observatorio e, co tempo, tamén lle encargou reclutar e dirixir a outras mulleres que irían configurando o que desafortunadamente coñeceuse como o "harén de Pickering".<ref>{{Cita web|título=Williamina Fleming, la astrónoma accidental que descubrió más de 300 estrellas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2018/04/05/williamina-fleming-la-astronoma-accidental-descubrio-mas-300-estrellas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2018-04-05|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Outras que xogaron un papel destacado foron '''[[Antonia Maury]]''' (1866-1952) quen deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna'', co que'' Pickering non estivo de acordo. As súas diferencias con Pickering pronto foron insalvables e Antonia Maury abandonou definitivamente o observatorio en 1896 para dedicarse ao ensino. En 1943 revísase o catálogo Henry Draper para incorporar as ideas de Antonia Maury.<ref>{{Cita web|título=Antonia Maury (1866-1952): la mujer que conocía las estrellas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2019/05/09/antonia-maury-1866-1952-la-mujer-que-conocia-las-estrellas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2019-05-09|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> '''[[Annie Jump Cannon]]''' (1863-1941)''',''' famosa polo seu bo "ollo" para os espectros estelares fixo que os seus [[Catálogo Draper|catálogos Draper]] (que con preto de 400,000 estrelas seguen a ser usados hoxe en día) foran valorados como obra dunha observadora excepcional. Publicou tamén catáogos de [[Estrela variable cefeida|estrelas variables]] (incluídas 300 descubertas por ela). Foi das poucas en conseguir recoñecemento polo seu traballo.<ref>{{Cita web|título=Annie Jump Cannon: Los ojos que nunca se cansaron de mirar al cielo Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2020/01/16/annie-jump-cannon-los-ojos-que-nunca-se-cansaron-de-mirar-al-cielo/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2020-01-16|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> '''[[Henrietta Leavitt]]'''(1868-1921) descubriu e catalogou 1.777 estrelas variables situadas nas [[Nebulosas de Magalhães]]. En 1912 confirmou, a partir do seu catálogo, que a luminosidade das variables [[Cefeida|Cefeidas]] era proporcional ao seu período de variación de luminosidade, e que esa relación era bastante precisa.<ref>{{Cita web|título=La desconocida que reveló el Universo Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/04/15/la-desconocida-que-revelo-el-universo/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-04-15|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>