Arthur Evans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese categoría.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Era o fillo de [[John Evans (arqueólogo)|Sir John Evans]], un fabricante de [[papel]] e [[Arqueoloxía|arqueólogo]] afeccionado de ascendencia [[gales]]a. Estudou en [[Harrow School|Harrow]] e no [[Universidade de Oxford|Brasenose College, Universidade de Oxford]], e na [[Universidade de Göttingen]] e, tendo herdado do pai o interese pola [[arqueoloxía]], Arthur foi conservador do [[Ashmolean Museum]] de [[Oxford]] entre [[1884]] e [[1908]].
 
O obxecto especial do seu interese era a illa [[Grecia|grega]] de [[illa de Creta|Creta]], e durante moito tempo foi o encargado das [[escavación]]s da cidade-palacio de [[Knossos]], centro principal da [[civilización minoica]]. Ademais de descubrir estes restos e publicalos en catro volumes, ''The Palace of Minos at Knossos'' (1921-1935), un clásico da arqueoloxía, restaurounos e, en parte, reconstruíunos, utilizando algúns materiais estraños como o [[formigón]], que escandalizou os puristas, pero axudou os visitantes a entender o sitio. Para entender isto cómpre lembrar que mentres que Evans estaba traballando en Knossos no período entre [[1899]] e [[1935]], moitos dos seus contemporáneos se interesaban só en apañar obxectos de interese nos asentamentos que descubrían.