Diferenzas entre revisións de «Éter (mitoloxía)»

corrixo
Sem resumo de edição
(corrixo)
 
{{Outros homónimos|Éter (homónimos)}}
 
[[Ficheiro:Pergamonaltarfight.jpg|miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na [[Xigantomaquia]] (Altarrelevo no altar de Pérgamo)]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Éter''' era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os ''Himnos homéricos'', [[Helios]] (o Sol) habita no Éter, e tamén os [[Ventos (mitoloxía)|Ventos]] soplan desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano.
 
Considérase fillo de [[Érebo]] (a Escuridade) e [[Nicte]] (ou Nix, a Noite), e irmán de [[Hémera]] (a Luzluz do díaDía).
 
{{Cita|"''Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 124-126)}}
 
Outras tradicións, como recolle [[Hixino]] no prólogo ás súas ''Fábulas'' <ref>Prólogo a ''Fábulas'', 3.</ref>, narran que Éter se uniu a Hémera (o Día), e que de aí naceron [[Xea]] (a Terra), [[Urano (mitoloxía)|Urano]] (o Ceo) e [[Ponto (mitoloxía)|Ponto]] (o Mar). Tamén naceron desta unión diferentes conceptos abstrancosabstractos, que foron personificados na mitoloxía: a Dolor, o Pesar, a Ira, a Astucia, a Mentira, o Xuramento, a Vinganza, o Esquecemento, a Covardía, o Medo, o Incesto, etc. E finalmente, tamén diferentes [[Titán (mitoloxía)|titáns]] (como [[Océano (mitoloxía)|Océano]], [[Temis (mitoloxía)|Temis]], [[Hiperión (mitoloxía)|Hiperión]]), e outros moitos personaxes mitolóxicos, como o [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]], os [[Ciclope]]s e os [[Hecatonquiros]], [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]], etc.
 
Segundo [[Cicerón]], Éter era o pai de [[Zeus|Xúpiter]] e de Urano (Grimal).
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hesíodo|HESÍODO]]: ''[[Teogonía|Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen]]'', Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* Hixino: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
 
59.226

edicións