Diferenzas entre revisións de «Iolao»

sen resumo de edición
(*Iuno -> Xuno)
Na [[mitoloxía grega]], '''Iolao''' era o fillo de [[Ificles]] e [[Automedusa]], sobriño de [[Heracles]] e un dos compañeiros deste, a quen aparece conducindo o carro. Para [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] e [[Eurípides]] puido ser un amante de Heracles.
 
A lenda conta que a esposa de [[Zeus]], [[Hera]] (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]] .<ref>.[[HiginoHixino]] dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (HiginoHixino: ''Fábulas mitológicas'' 32, 1-2.).</ref>
 
Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, [[Leipéfile]], que significa "Amor da abandonada", en clara referencia á actuación de Heracles.
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|300px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
 
Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] ([[HiginoHixino]]: ''Fábulas'' 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]] (HiginoHixino: 173, 2; pero Pseudo-Apolodoro tampouco o cita, aínda que si ó pai de Iolao, Ificles).
 
Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume. Por esta axuda recibida, Euristeo non considerou válido este traballo na conta dos dez que debía realizar.
{{cita|"''Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Xuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 397-401, 430-431)}}
 
HiginoHixino narra as circunstancias da morte de Iolao. Xunto a Heracles, participou na [[Guerra de Troia]], pero existía un oráculo que auguraba a morte ó primeiro que desembarcara. Foi Iolao que o fixo e caeu morto por unha frecha de [[Heitor]].
 
{{cita|"''Segundo o oráculo, o primeiro dos aqueos que puxera o pé nas costas troianas, perecería. Cando os aqueos atracaron as naves, visto que os demais titubeaban, Iolao, fillo de Íficlo e de Diomedea, foi o primeiro en saltar desde a súa nave e ó instante Heitor matouno. Todos o chamaron Protesilao, por morrer o primeiro''".|(HiginoHixino: ''Fábulas'' 103, 1)}}
 
== Notas ==
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* HIGINOHIXINO: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* OVIDIO: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
263.915

edicións