Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 32:
{{cita|"''Como os tebanos desconfiaran das súas forzas, o adiviño Tiresias anunciou que se alguén da estirpe do dragón perecía, a cidade superaría o desastre. Cando Meneceo'' [fillo de Creonte] ''deuse de conta de que só el podía salvar a cidade, tirouse desde a muralla e os tebanos alcanzaron a vitoria''".|(Hixino: 68, 4)}}
 
Noutra ocasión aconsellou a [[Penteo]] non opoñerse á introdución do culto de [[Dioniso]] en [[Beocia]], e tamén predicíu a morte de [[Narciso (mitoloxía)|Narciso]]. No regreso de [[Ulises]] de [[Guerra de Troia|Troia]], aconsellou ó heroe que non tocara as vacas sagradas de [[Helios]], cousa que ignoraron moitos dos seus compañeiros e morreron por iso. Igualmente, o consello de Tiresias salvou a Ulises de morrer absorbido por [[Caribdis]], un mostro mariño, fillo de [[Poseidón]] e [[Xea]], que tragaba enormes cantidades de auga tres veces ó diadía, e devolvíaas outras tres veces, creando así un remuíño que devoraba a todo aquel que se poñía ó seu alcance.
 
A súa sona como adiviño, mesmo unha vez morto, era tal que Heracles descendeu ó Hades para consultarlle. Zeus concedéralle a capacidade de profetizar o futuro tamén despois de morto.