Pegaso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 8:
[[Belerofonte]] encarna o defecto da excesiva ambición. A lenda conta que a propia [[Atenea]] levou a Pegaso ante el, ou que fora Poseidón quen llelo dera ou, incluso, que Belerofonte o capturou cando estaba bebendo na fonte de Pirene. Cando por fin consegue montar a Pegaso, non contento con isto obrígao a levalo ao [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] para converterse nun deus, pero Zeus, molesto pola súa ousadía, envía a un insignificante mosquito que pica no lombo de Pegaso e precipita ao baleiro a Belerofonte. Este non morre, pero queda eivado e condenado a vagar apartado do resto do mundo toda a súa vida recordando a súa gloria pasada.
 
Segundo outros mitógrafos, Belerofonte, montado sobre Poseidón, logrou matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] <ref>"''Belerofontes montou sobre Pegaso, cabalo alado que nacera de Medusa e Poseidón, e, elevándose polos aires, desde alí disparou as súas frechas contra a Quimera''" (Pseudo-Apolodoro, II, 3, 2).</ref> e vencer ás [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]]. Cando morreu Belerofonte, Pegaso regresou ó Olimpo.
 
Nun momento determinado, as [[Piérides]] retan ás [[Musas]] a unha competición de canto no [[monte Helicón]]. Foron vencidas e as Musas transformáronnas en distintas aves. Pero o Helicón, enchido de orgullo <ref>Porque era a morada das Musas.</ref> foi inchando, inchando, ata ameazar con chegar ó Olimpo. Poseidón detivo o problema ordenando a Pegaso que golpeara a montaña. Pegaso así o fixo e Helicón obedeceu, e no lugar onde Pegaso deu o couce naceu a fonte [[Hipocrene]].
 
Á morte de Pegaso, foi convertido na constelación de [[Pegasus]].
Liña 20:
Pegaso foi un dos cabalos máis representados no cine, do mesmo xeito que o [[unicornio]], sendo seres extraordinarios que encaixan perfectamente nas películas de fantasía e ficción. Un exemplo é ''[[Legend (filme de 1985)|Legend]]''.
 
== Notas ==
{{commonscat|Pegasus}}
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscatCommonscat|Pegasus}}
 
=== Bibliografía ===
 
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hesíodo|HESÍODO]]: ''[[Teogonía|Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen]]'', Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* Hesíodo. ''[http://campus.usal.es/~licesio/L_M_V/Hesiodo_Teogonia.pdf Teogonía]''. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
 
{{Control de autoridades}}