Partido Demócrata (Estados Unidos de América): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 68:
Roosevelt aumentou o gasto público para financiar os seus moitos programas deseñados para aliviar a pobreza, combater o paro e estimular a economía; e para iso tivo que aumentar tamén os impostos, sendo o único en que se parecía aos conservadores fiscais (o feito de que non lle gustase o déficit fiscal).
 
Roosevelt tamén fundou unha compañía estatal para ofrecer servizo de luz eléctrica en zonas rurais (a Tennessee Valley Authority), onde as compañías eléctricas privadas non mostraron interese en investir, algo inusualinfrecuente para a nación e especialmente para o período histórico. Estableceu moitas regulacións sobre a empresa privada.
 
Esta serie de medidas levou aos críticos a Roosevelt a acusalo a el e aos seus conselleiros de ser "socialistas" que "ameazaron" a liberdade de negocios e o modo de vida americano. Non obstante, estas políticas económicas empregáronse desde a década de 1930 ata finais dos anos sesenta, coincidindo cun dos maiores períodos de prosperidade económica.