Helen Fielding: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
Estudou Literatura inglesa na [[Universidade de Oxford]] e empezou a traballar na [[BBC]]. A súa primeira novela foi ''Cause Celeb'', unha obra baseada nas súas vivencias periodísticas en África.
 
Acadou a fama ao publicar na prensa británica unha columna diaria sobre unha muller de trinta anos, chamada Bridget Jones, que vive soa en Londres e traballa nunha editorial. En 1996 publicou a novela ''Bridget Jones's Diary'', que relataba un ano na vida deste personaxe. Obtivo o premio British Book Award e chegou a ser un dos fenómenos literarios da década de 1990, tanto pola exitosa vida editorial (pois a novela logrou unhas vendas millonarias) como pola fama que lle deu a ''[[Bridget Jones's Diary (filme)|película]]. A novela foi levada á gran pantalla con [[Renée Zellweger]] no papel de Jones, acompañada de [[Colin Firth]] e [[Hugh Grant]]. Fielding escribiu unha segunda novela con este mesmo personaxe: ''Bridget Jones: The Edge of Reason''.
 
== Véxase tamén ==