Analoxía do reloxeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''analoxía do reloxeiro''' ou '''argumento do reloxeiro''' é un [[argumento teleolóxico]] que afirma, por medio dunha [[analoxía]], que a existencia dun deseño implica a existencia dun deseñador. A analoxía establécese entre un [[reloxo]] (ou outro aparato complexo) e os sistemas naturais, como o corpo dos seres vivos ou o universo enteiro. Esta analoxía exerceu un importante papel en [[teoloxía natural]] e o "argumento a partir do deseño", onde foi utilizado para apoiar argumentos en favor da existencia de [[Deus]] e do [[deseño intelixente]] do universo, tanto no [[cristianismo]] coma no [[deísmo]].
 
[[Isaac Newton]], entre outros líderes da revolución científica, incluíndo [[René Descartes]], sostiña "que as leis físicas que el descubriu revelaban que a perfección mecánica do funcionamento do universo era similar a un reloxo, polo que o reloxeiro é Deus."<ref name=":0" />