Ameloblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
 
Liña 4:
Os '''ameloblastos''' son células que están presentes só durante a formación dos [[dente]]s, e que depositan o [[esmalte dentario]], que é a capa máis externa e dura do dente.
 
Os ameloblastos son células que segregan as [[proteína]]s do esmalte [[enamelina]] e [[ameloxenina]] que despois se mineralizarán para formar o esmalte dos dentes, a substancia máis dura do corpo humano.<ref>{{Cita libro |author=Gartner, Leslie P., James L. Hiatt. |title=Color Textbook of Histology, 2nd Edition |url=https://archive.org/details/colortextbookofh0000gart |publisher=W.B. Saunders Company |location=Philadelphia |year=2001 |page=[https://archive.org/details/colortextbookofh0000gart/page/366 366] |isbn=0-7216-8806-3}}</ref> Cada '''ameloblasto''' é de aproximadamente 4 [[micrómetro]]s de diámetro, 40 de lonxitude e teñen sección hexagonal. Son, pois, células moi alongadas. O extremo secretor do ameloblasto acaba nunha proxección similar a unha pirámide de seis lados denominada prolongación ou ''proceso de Tomes'', que está incluída na matriz do esmalte. O ángulo do proceso de Tomes é significativo na orientación dos bastonciños ou prismas de esmalte que se forman. Os núcleos celulares dos ameloblastos son elípticos e situados preto da base, e a maioría das [[mitocondria]]s están situadas entre o núcleo e a base da célula, e por riba do núcleo está o [[aparato de Golgi]] e o [[retículo endoplasmático]]. Na zona do aparato de Golgi e na apical hai numerosos [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] secretorios cos compoñentes glicoproteicos da matriz do esmalte. Formáronse no aparato de Gogi e diríxense ao proceso de Tomes.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 616-620. ISBN 84-7605-361-4.
</ref>