Axuda:Como trocar o nome dunha páxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-discusión +conversa)
Liña 19:
#o botón está na barra rápida, ou sexa que esta debe estar activada (os administradores contan cun vínculo adicional na parte inferior da páxina).
 
Unha vez no artigo, preme no vínculo "mover" que hai nunha das pestanas superiores da páxina. Perguntaráseche polo nome novo da páxina e terás a opción de mover tamén a páxina de discusiónconversa do artigo. A menos que saibas o que estás a facer é máis seguro contestar que si. Fai clic en "mover páxina" e a páxina receberá o novo título inmediatamente. O título vello convertiráse nunha [[Wikipedia:redirect|páxina de redirección]].
 
== Observacións ==
 
A función "mover páxina" conserva o [[Wikipedia:historial|historial]] completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase ''sempre'' desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e atribucións non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluir unha nota na páxina de discusiónconversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.
 
A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movimento (exceito o que se vexa en "Cambios recentes").
Liña 31:
Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se siguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vinculos spaghetti". <font color=green>Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos</font>. Porén, esta operación non a debes acometer inmediatamente: espera unhas horas para asegurarte de que ninguén se opuxo á mudanza de nome e desfixo a túa.
 
Convén que copies a mensaxe "Páxina ... movida para ..." á nova páxina de discusiónconversa, particularmente no caso de ter habido debate sobre o nome da páxina.
 
== Desfacer ==
Liña 42:
Porén, no caso de a páxina A ter sido modificada con posterioriade ou se o software non funcionou como debera, só un/ha administrador/a pode amañar as cousas:
 
# borrar a páxina A (que se asegurará de que o historial non é relevante e engadirá créditos nunha páxina de discusiónconversa para compensar, de ser preciso)
# mover a páxina B para a páxina A.
# borrar a páxina B (que será unha redirección para a páxina A co historial en branco)
Liña 54:
== Fallos coñecidos ==
 
Poden acontecer fenómenos estraños se se move unha páxina mentres outra persoa a ten ou se a súa páxina de discusiónconversa está a ser modificada. A versión actual do software ten en conta esta posibilidade, pero nunca se sabe. Comproba que todo está ben minutos despóis de ter trocado o nome.
 
Cando se move unha páxina, ás veces fica atrás a páxina de discusiónconversa, mesmo cando se solicitou expresamente que se movese. Pois iso, que pode acontencer. Igual que antes: comproba que todo está ben minutos despóis de ter trocado o nome.
 
== Solicitudes de mudanzas de páxinas ==