Central Intelligence Agency: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Liña 18:
 
== Historia ==
Durante a [[segunda guerra mundial]] creouse a [[Oficina de Servizos Estratéxicos]] (OSS) que se converteu no primeiro corpo independente de intelixencia nos EEUU e xa logo da guerra en [[1946]] o [[Grupo Central de Intelixencia]] que foron antecedentes directos <ref>{{cita libro|apelidos=Leary|nome=William Matthew|título=The Central Intelligence Agency, History and Documents|url=https://archive.org/details/centralintellige0000unse|ano=1984|isbn=0817302190|páxinas=[https://archive.org/details/centralintellige0000unse/page/16 16]|editorial=University of Alabama Press}}</ref> da '''CIA''', creada por lei (''National Security Act'') en [[1947]] polo presidente [[Harry S. Truman]] ao comezo da [[guerra fría]] coa fin de coordinar todas as actividades de intelixencia do goberno federal e evitar que se repetise o fallo de seguridade que supuxera para a intelixencia norteamericana o ataque sorpresa xaponés sobre [[Pearl Harbor]] <ref>{{cita web|título=The Aspin-Brown Intelligence Inquiry|url=http://www.gpo.gov/fdsys/pkg/GPO-INTELLIGENCE/pdf/GPO-INTELLIGENCE-10.pdf}}</ref>.
 
Para centralizar as actividades da Axencia, existe unha Dirección Central de Intelixencia, cuxa función é interligar a comunidade de información ao [[Presidente dos Estados Unidos]], o que posibilita intervir, cando for necesario, en organizacións ou [[Estado]]s estranxeiros. A súa sede central está en [[Langley, Virxinia]].