Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 3 libros para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Liña 32:
|sucesor0 = Abolición da monarquía<br/>[[Primeira República Brasileira]]
}}
'''Pedro&nbsp;II do Brasil''', nado no [[pazo de São Cristóvão]], [[Río de Xaneiro]], o [[2 de decembro]] de [[1825]] e finado en [[París]] o [[5 de decembro]] de [[1891]], foi o segundo e último [[Imperio do Brasil|emperador do Brasil]]. Alcumado "o magnánimo",{{sfn|Barman|1999|p=85}} o seu reinado como emperador durou máis de 58 anos.<ref>{{Cita libro | last1 = Viana | first1 = Hélio | year = 1994 | language = pt| title = História do Brasil: período colonial, monarquia e república | url = https://archive.org/details/historiadobrasil0000vian | edition = 15ª | publisher = Melhoramentos | location = São Paulo | isbn = 978-85-06-01999-3 | ref = harv |p=[https://archive.org/details/historiadobrasil0000vian/page/467 467]}}</ref> Foi o sétimo fillo do emperador [[Pedro&nbsp;I do Brasil]] e a emperatriz [[María Leopoldina de Austria|María Leopoldina]], e polo tanto membro da rama brasileira da [[casa de Braganza]]. A abrupta abdicación e marcha cara a Europa do seu pai en [[1831]] deixou a Pedro II como emperador, legándolle unha infancia e adolescencia desalentadora e solitaria. Obrigado a pasar o tempo estudando en preparación para o seu reinado, só conseguiu ter breves momentos de felicidade e tivo poucas amizades da súa idade. As súas experiencias coas intrigas da corte e coas disputas políticas durante este período afectaron en gran medida o seu carácter posterior, converténdose nun home cun forte sentido do deber e devoción cara ó seu país e a súa xente, mais resentido polo seu papel de monarca.
 
Herdando un imperio ó bordo da desintegración, Pedro&nbsp;II levou o [[Brasil]] de [[lingua portuguesa|fala portuguesa]] a ser unha potencia emerxente no ámbito internacional. A nación medrou ata distinguirse dos seus veciños hispánicos grazas á súa estabilidade política, a celosamente protexida [[liberdade de expresión]], o respecto polos [[dereito civil|dereitos civís]], un crecemento económico vibrante e especialmente pola súa forma de goberno: unha [[monarquía constitucional|monarquía parlamentaria representativa]] funcional. O Brasil tamén obtivo a vitoria en tres conflitos internacionais (a [[guerra da Prata]], a [[guerra do Uruguai]] e a [[guerra do Paraguai]]) baixo o seu reinado, e prevaleceu en varias outras disputas internacionais e tensións domésticas. Pedro&nbsp;II promoveu incondicionalmente a abolición da [[escravitude]] malia a oposición de poderosos intereses políticos e económicos. Considerado un sabio por propio dereito, o emperador estableceu unha reputación de vigoroso patrocinador da aprendizaxe, da cultura e das ciencias. Conseguiu o respecto e admiración de eruditos como [[Charles Darwin|Darwin]], [[Victor Hugo]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], e trabou amizade con [[Richard Wagner|Wagner]], [[Louis Pasteur|Pasteur]] e [[Henry Wadsworth Longfellow|Henry Wadsworth]] entre outros.