Minerva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Mito: corrixo lig. int.
Liña 16:
Na [[Guerra de Troia]] Minerva amosouse favorable cos aqueos despois de que Paris a humillase ao preferir a beleza de Venus sobre a de Xuno e a súa propia. A casta Minerva seguiu sendo virxe, o que non lle impediu disputar o premio no Xuízo de Paris. Co fin de triunfar sobre os seus rivais, ofreceulle ao seu xuíz o coñecemento e a virtude, aínda que as súas ofertas foron inútiles e gardou por iso un grande rancor.
 
Ás veces conduce a [[Ulises]] nas súas viaxes, ás veces dígnase a ensinarlle ás fillas de [[Pandora (deusamuller de Epimeteo)|Pandora]] a arte de destacar nos traballos que implican ás mulleres, a representar flores e combates en obras de tapicería, incluso é ela a que embelece coas súas mans o abrigo de Xuno. Nunha ocasión enfrontouse con [[Aracne]] para comprobar cal das dúas tecía máis rápido. Para demostralo, Minerva propúxolle un labor: unha tea magnífica. Cando Minerva veu a superioridade de Aracne, foi vítima de tantos celos que decidiu convertela nunha araña (segundo conta [[Ovidio]] en [[As metamorfoses|''Metamorfoses'']]), feito polo que se coñece a Minerva como unha deusa cruel. Esta escena foi representada por [[Velázquez]] no seu lenzo ''[[As fiandeiras]]'', actualmente no [[Museo do Prado]] (Madrid).
 
Finalmente, é Minerva quen fai construír a nave dos [[argonautas]] segundo o seu debuxo, e quen coloca na súa proa a madeira que fala, cortada no bosque de [[Dódona]], a cal dirixía o seu rumbo, informábaos dos perigos e indicáballes os medios para evitalos. Baixo esta metáfora é fácil recoñecer o temón da nave.