Diferenzas entre revisións de «Iolao»

feito!
(máis)
(feito!)
{{en uso}}
 
[[Ficheiro:Hercules and Iolaus mosaic - Anzio Nymphaeum.jpg|miniatura|300px|Iolao e Heracles, nun mosaico romano do s. I (Ninfeo de Anzio)]]
 
A lenda conta que a esposa de [[Zeus]], [[Hera]] (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]] <ref>.[[Higino]] dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: ''Fábulas mitológicas'' 32, 1-2.).</ref>
 
Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, [[Leipéfile]], que significa "Amor da abandonada", en clara referencia á actuación de Heracles.
 
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px300px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
 
Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] ([[Higino]]: ''Fábulas'' 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]] (Higino: 173, 2; pero Pseudo-Apolodoro tampouco o cita, aínda que si ó pai de Iolao, Ificles).
{{cita|"''Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 5, 2.)}}
 
Tamén acompañou a Heracles na expedición que este organizou para roubar as [[Bois de Xerión|vacas de Xerión]] e axudouno na loita mantida con [[Cicno (fillo de Ares)|Cicno]], fillo de [[Ares (mitoloxíadeus)|Ares]].
 
Nos primeiros Xogos Olímpicos instaurados por Heracles, Iolao participou e ganou conducindo un carro tirado polos cabalos do heroe. Tamén nos xogos fúnebres celebrados en honor de [[Pelias]].
Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a [[Filoctetes]], un dos compañeiros de Heracles.
 
Á morte de Heracles e para axudar ós [[Heráclidas]], conduciu a moitos deles a [[Sardeña]], especialmente a moitos dos fillos que tivera aquel coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de crear alí unha colonia; outras fontes din que foi alá por encargo de Heracles. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, fundando diversas cidades coa axuda de [[Dédalo (mitoloxía)|Dédalo]], polo que chegaría a ser adorado na illa. Tamén foi a [[Sicilia]] (aínda que outras fontes afirman que morrera en Sardeña) e fundou novas cidades e santuarios en honor a Heracles divinizado.
 
Euristeo, , prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]], de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto antiga|Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu a Zeus que lle permitira recuperar a súa forza da xuventude durante só un día (ou unha hora), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.
 
[[Ovidio]] di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.
58.445

edicións